A AELG iniciou un novo proxecto que pretende achegar os nosos escritores e a arte da escrita ao alumnado galego. Durante o mes de outubro desenvolvéronse tres obradoiros de creación literaria en senllos centros educativos do ámbito rural: CPI Vicente Otero de Carral, CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e IES David Buján de Cambre, os tres pertencentes á provincia da Coruña. Esta experiencia piloto agora iniciada pretende facerse extensiva ao longo do ano 2006 a outros centros a nivel nacional, así como á totalidade das etapas educativas. Os escritores que participaron nesta primeira fase son Henrique Rabuñal, Antón Cortizas e Estíbaliz Espinosa.
Cada obradoiro tivo unha duración de oito horas repartidas en catro sesións de dúas horas e o obxectivo último é conseguir que os escolares tomen afecto pola lectura e a escrita literaria. Os seus textos están dispoñíbeis o espazo didáctico desta web.