9 de outubro de 2023
Co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Foto da actividade

A edición número 13 da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, tivo o título Arquitecturas efémeras do San Froilán. Lembranza da paisaxe efémera do feiral: carruseis, teatriños, atraccións, gabinetes, consultorios e túneles do inferno.

Tivo lugar o luns, segunda feira, 9 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

A entrada foi de balde até completar capacidade.

 

Participaron:

- Dina Pérez

- Jorge Salvador

- Alberte González

- Ana Carreira

Ambientación musical:

- Saulo Sause

Coordinación e presentación:

Lois Pérez