LETRA DAS FESTAS: LEMBRANZA DE CATÁSTROFES E DESASTRES NATURAIS
Memoria de terremotos, temporais, ciclóns, inundacións …
San Froilán 2015 | Círculo das Artes
Mércores, 7 de outubro | 18:00 horas
Arredor de 130 persoas asistiron á actividade, que pode escoitar aquí por xentileza de Paco Nieto e Radio Lugo.
Ciclóns como o Hortensia (1984) e o Klaus (2009), terremotos como o de 1997 (que acadou 5,1 de intensidade, sendo o seu epicentro no triángulo Sarria-Triacastela-Becerreá), galernas (como a de 1961, con 83 mortos, que castigou especialmente a Celeiro), así como riadas, inundacións, nevaradas, sarabiadas e tormentas con maior ou menor sona que teñan dado lugar a unha aventura ou vivencia digna de ser contada. Sucesos de aquí e de alá como os que nos van narrar dalgunhas catástrofes en Nicaragua desde a ONG Axunica.
Contaron
- Bernardino Pardo Teixeiro
 - Paco Nieto
 - Antón Grande
 - Xerardo Pardo de Vera
 - Ana Vila Montero (da ONG Axunica)
 
Música
- Mini e Mero
 
Coordinación e presentación
- Antonio Reigosa / Isidro Novo (Sección de Literatura Oral da AELG)
 

O cartel en pdf.
		
