Os encontros Galeusca chegaron á súa XXV edición que, organizada pola Aelc, tivo lugar no País Valenciano, nas localidades de Valencia e Sueca. Trátase do primeiro encontro que se celebra tras a sinatura o pasado 15 de xuño da Federación Galeusca, que agrupa a Aelg, a Aelc e a EIE.
O tema central desta XXV edición xirou arredor da ‘literatura e a paisaxe do eu’, coa vontade de despregar e afondar na literatura como un espazo de construción do propio suxeito e as súas múltiples concrecións. Até que punto cando escribimos sobre os diferentes aspectos que nos rodean non falamos de nós mesmos? Até que punto non nos construímos a partir da reflexión feita na propia obra? Ou á inversa, cando algúns escritores reflexionan sobre a propia experiencia foron capaces de implicar toda unha xeración ou visión do país.
Doutro lado, o suxeito do século XXI é un suxeito cambiante que deu lugar a pseudobiografías ben persoais, xa sexa pola historia vivida e interpretada, xa sexa pola vontade de facerse unha subxectividade en liberdade que se afaste dos estereotipos herdados, un aspecto que tamén inclúe os modelos sexuais prefixados.
Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira distribuiuse o tema en tres sesións de traballo; cada unha contou cun representante de cada asociación segundo as características temáticas e persoais que a continuación se describen:
SESIÓN-1
TÍTULO: ‘Sobre paisaxes propias’
TEMA: Os relatorios de cada un dos tres escritores/as centraranse sobre a propia ficción, sobre a propia obra literaria, basicamente novela ou narrativa, chegando a ser un espazo de reflexión autobiográfica persoal e colectiva.
SESIÓN-2
TÍTULO: ‘O dietarismo, unha forma de reflexión’
TEMA: Os relatorios dos escritores/as centraranse no xénero literario do dietario, baixo as distintas formas, persoal, cultural, literaria, de reflexión persoal e colectiva.
SESIÓN-3
TÍTULO: ‘Este experimento que se chama eu’
TEMA: Os relatorios dos escritores/as centraranse nas reflexións persoais, os temas da constitución do individuo e da creación da propia subxectividade, tamén sexual. Tamén fai referencia ás novas linguaxes experimentais que levan a cabo as voces máis novas de cada literatura.
TAMÉN HOUBO:
Recital literario coa participación de tres escritores/as de cada unha das tres asociacións.
Edición do libro.
Os/as membros da delegación galega foron:
Xan Arias-Andreu
Marica Campo
Francisco Castro
Manuel Forcadela
Agustín Fernández Paz
Anxos Sumai
Marilar Aleixandre
Isidro Novo
Xerardo Méndez
Carlos Negro
Antía Otero
Mercedes Queixas Zas
Elvira Riveiro Tobío
Cesáreo Sánchez Iglesias
Xavier Queipo
PROGRAMA:
Dijous, 6 Rebuda dels participants i allotjament
Divendres, 7 Octubre. Centre de Cultura Contemporània
(c/Sant Ferran, 12, València)
9.30 h: Obertura del XXV Galeusca
10.00-12.00 h: Taula rodona: Sobre paisatges propis
Amb: Marilar Aleixandre, Edorta Jimenez, i Julià de Jòdar.
12.30-14.00 h: Passeig literari per València, guiat per Alfons Llorenç
14.00 h: Dinar
17-19 h: Taula rodona: El dietarisme, una forma de reflexió
Amb: Gotzon Barandiaran, Biel Mesquida i Xavier Queipo
20.00 h: Actuació del cantant Miquel Gil
21.30 h: Sopar
Dissabte, 8
9.15 h: Sortida cap a Sueca
10.00 h: Recepció a l’Ajuntament de la ciutat
Sala d’Actes de la Casa de la Cultura (c/Mare de Déu, 2)
10.45-12.45: Taula rodona: Aquest experiment que es diu jo
Amb: Francisco Castro, Jon Martin i Eduard Ramírez
13.00 h: Passeig pel vedat de Sueca
14.00 h: Dinar
17.00 h: Lectura de textos literaris.
Amb: Josep Ballester, Igor Estankona, Manuel Forcadela, Vicenç Llorca,
Elena Martínez, Fernando Morillo, Elvira Riveiro, Maite Salord i Anxos Sumai
20.00 h: Visita a la casa-biblioteca de Joan Fuster (Sueca 1922-1992)
22.00 h: Clausura del XXV Galeusca i sopar
Diumenge, 9
12.00 h: Recorregut per l’Albufera de València, des del port de Silla, amb vela llatina
14.00 h: Dinar
A seguir, as conclusións do encontro:
Conclusións do Galeusca 2008
Reunidos en Valencia e Sueca, entre os días 7 e 9 de novembro de 2008, as asociacións de escritores galegos, bascos e cataláns, ao redor do tema “A literatura e a paisaxe do eu”, concluimos que:
1. Cómpre continuarmos a traballar na procura da normalidade como creadores e creadoras, malia as nosas situacións sociolingüísticas, políticas e culturais seren adversas
2. Afirmamos a evidencia de estarmos a vivir unha situación de involución que se manifesta en posicionamentos públicos belixerantes como o “Manifiesto por la lengua común”, entre outros, que xa nos fixeron responder conxuntamente o pasado mes de xullo
3. Nesta liña, o 15 de xuño constituimos a Federación de Asociacións de Escritores Galeusca para articular accións comúns e dar resposta a actitudes belixerantes como a xa citada e avanzar nun grao de convivencia dentro da diversidade cultural
4. Isto obríganos a que, logo de 25 anos, debamos reflexionar e reformular o modelo de relación e actuación conxunta. Nesta liña, os noso lazos veranse reforzados coa realización de máis actividades de distinto formato e unha esixencia común ante as diversas institucións implicadas.
5. De maneira especial traballaremos para reformular o marco que nos permita mellorar as condicións de profesionalización e o respecto aos dereitos de propiedade intelectual, e en especial en temas sensibeis como contratos de edición, formatos dixitais e os retos formulados polas novas tecnoloxías, así como o desenvolvemento da lexislación derivada de organismos europeos.
6. Concretando, temos iniciado xa formas de maior relación a través da incorporación de iniciativas como as casas de escritores e escritoras e residencias de creación. E tamén, a incorporación de escritores e escritoras das outras dúas linguas nas actividades propias de cada asociación. Neste sentido, lembramos o recentemente celebrado III Encontro de Novos Escritores, no Pazo de Mariñán (A Coruña), así como a posta en marcha a partir do próximo mes de xaneiro da Casa do Escritor Hugoenea, sita no concello de Pasaia, para uso dos escritores e escritoras das tres linguas. Asemade, a próxima celebración do Congreso de Literatura Infantil e Xuvenil en Mollerussa (Lleida) o vindeiro mes de maio de 2009, exemplos das novas formas de colaboración.
En Sueca, oito de novembro de 2008
XXV Galeusca, “A literatura e a paisaxe do eu”
Vexa as actas aquí