Do 1 de novembro de 2007 ao 4 de novembro de 2007
O imaxinario na literatura
Foto da actividade

 

O imaxinario na literatura
Neste ano 2007 o encontro de GALEUSCA celebrouse na cidade de Lugo, desde o día 1 ao 4 de novembro. O tema a tocar elixido nesta ocasión foi O IMAXINARIO NA LITERATURA, ese ente inaprensible e con todo esencial ao que poderiamos considerar fonte e canle de toda literatura.
Recoñecemos O IMAXINARIO como algo que é fábula e á vez misterio. Algo que, malia a súa intanxibilidade, de tanto ser repetido e recordado pasa a formar parte do noso erario mental, é dicir, do noso atavismo. Iso que dentro de cada pobo, en virtude dun común sentir, chega a converterse en invisíbel e sólida raíz que nin as máis avanzadas técnicas globalizadoras son capaces de arrincar.
O IMAXINARIO nace nas culturas do intención de comunicar, do desexo de expresar aos demais da propia contorna ese elemento que vai máis aló da común vivencia cotiá, que traspasa ata os límites da vivencia física. Seguramente haxa nel unha intención de forxar o carácter do lugar no que emerxe, sen que ninguén individualmente poida evitalo ou simplemente controlalo.
Sen dúbida todas as artes de todos os pobos están condicionadas polo seu propio IMAXINARIO, xa sexa dun xeito consciente ou inconsciente, pero de todas quizais a máis afectada –ou polo menos na que resulta máis evidente esa afectación– sexa a arte da palabra. O leite que mamaron as nosas literaturas son contos e lendas que chegaron ata nós pola vía da transmisión oral. Todo iso que sabemos con toda certeza que nunca foi real, pero sempre será verdade, a nosa verdade, é O IMAXINARIO básico de cada unha das nosas literaturas.

 

PROGRAMA:

XOVES 1 NOVEMBRO

19:00 h

Gran Hotel de Lugo

Recepción e acto de benvida

20:00 h

Concello de Lugo. Vexa aquí o discurso do Presidente da Aelg

Saúdo da Cidade

VENRES 2 NOVEMBRO

10:00-12:00 h

Sala de Conferencias de Caixa Galicia

As fontes do imaxinario nas literaturas éuscara,

catalá e galega

Iratxe Retolaza Alfons Llorenç Xosé Miranda

Presenta: Antón Reigosa

12:30-14:00 h

Roteiro por Lugo guiado por Lois Diéguez e visita ao

Museo Provincial

14:00 h

Xantar no Restaurante España

17:00-19:00 h

Os clásicos do imaxinario na literatura de Cataluña,

Euscadi e Galiza

Caterina Valriu Joxemiel Bidador Darío Xoán Cabana

Presenta: Isidro Novo

 

20:00-21:30 h

Auditorio Gustavo Freire

Actuación da Nova Galega de Danza: Engado

 

22:00 h

Cea no Restaurante España

 

SÁBADO 3 NOVEMBRO

9:30 h

Saída cara a Mondoñedo con parada en Outeiro de Rei

(Carballeira de Santa Isabel)

Ofrenda floral na tumba de Manuel María.

12:00-14:00 h

Salón de actos da Casa da Xuventude de Mondoñedo

O imaxinario na literatura actual de Euskadi, Cataluña

e Galiza

Xabier Gantzarain Francesc Serés Chus Nogueira

Presenta: Mercedes Queixas

14:30 h

Xantar no Restaurante Montero

16:30 h

Salón de actos da Casa da Xuventude

Lectura de textos

Medos Romero Marica Campo X. Henrique Ribadulla

Montserrat Rodés Ramom Guillem Jaume Miró

Aritz Gorrotxategi Juan Ramon Makuso Oier Guillan

Mantedor do acto: X.H. Rivadulla Corcón

17:30 h

Saída para Lugo

20:30 h

Auditorio do Instituto Lucus Augusti

Actuación de Mofa e Befa

 

22:00 h

Gran Hotel Lugo

Cea e acto de homenaxe a Basilio Losada e Xosé Estévez

Vexa aquí as palabras do Presidente da Aelg

 

DOMINGO 4 NOVEMBRO

10:00 h

Acto de clausura con lectura de conclusións

 

 

Vexa a seguir as conclusións do Galeusca:

 

Reunidos nas cidades de Lugo e Mondoñedo, do 1 ao 3 de novembro de 2007, as asociacións de escritores en lingua catalá, éuscara e galega, na celebración da XXIV edición de GALEUSCA

1. Constatamos a necesidade de recuperar, analizar e comunicar, os imaxinarios tradicionais, clásicos e contemporáneos propios, e inventar novos imaxinarios para novos tempos.

2. Afirmamos que a actual estrutura estatal non é garantía do desenvolvemento das nosas identidades linguisticas e culturais, e esperamos e desexamos que a nova presidencia europea poida ofrecernos un novo marco que teña en conta o recoñecento das nacións e linguas sen Estado, para o que é necesaria a intervención desde o ámbito europeo.

3. Preta xa a celebración do 25º aniversario do nacemento de Galeusca, decidimos traballar cara a construcción dunha entidade xurídica común. que nos permita actuar conxuntamente en todas as instancias.

4. Reafirmamos a necesidade de creación dun campo de comunicación entre as nosas linguas e literaturas co fin de actuar no ámbito das traducións directas, para o que facilitaremos un espazo que se concretará na utilización de todos os medios e ferramentas disponibeis (edicións en papel, webs, edicións dixitais, etc).

5. Na perspectiva dos vinte anos de existencia dunha Lei de Propiedade Intelectual no Estado español constatamos que non teñen producido os avances mínimos desexables no referente á protección dos Dereito de Autor, polo que instamos aos diversos niveis administrativos o seu apoio a estas reivindicacións permanentes do sector.

 

En Lugo, a 3 de novembro de 2007

Vexa as actas aquí