Programa
Universitat de Girona
Facultade de Letras / Salón de Graos (Campus Barri Vell)
Xoves, 10 de novembro de 2005
- 18:00-19:00 horas: Chegada das delegacións de escritores
- 20:00 horas: Recepción no Concello de Girona (Salón de Plenos) Acto presidido pola Rexidora da Área de Cultura e Deportes Sra. M. Lluïsa Faxeda Brujats. Intervención dos presidentes das tres Asociacións de escritores: Jaume Pérez Montaner (AELC), Teresa Irastorza (EIE) e Cesáreo Sánchez Iglesias (AELG).
- 21:00 horas: Cea no restaurante Bau Bar (Colexio de Arquitectos)
Venres, 11 de novembro de 2005
- 9:30 horas: Apertura da XXII edición do Galeusca a cargo dos presidentes das tres Asociacións de Escritores, da vicerreitora de docencia da Universitat de Girona, Dra. Blanca i Palmada, e da decana da Facultade de Letras da Universitat de Girona, Dra. Rosa Congost.
- 10:00 horas: Tradición e disidencia na literatura vasca. "En aquel tempo, xa había alguén (Orduan, norbait egon zen han)" Con: Fito Rodriguez, ensaísta; Andoni Sarriegi, narrador e técnico lingüístico e Joxemari Carrere, narrador de contos e crítico. Moderador: Salvador Company, narrador e tradutor.
Coloquio
- 11:45 horas: Descanso
- 12:15 horas: Tradición e disidencia na literatura galega: "Unha lectura disidente" Con: Anselmo López Carreira, historiador; Carlos Paulo Martinez Pereiro, ensaísta; e Teresa Moure, narradora e ensaísta. Modera: Laura Santamaria, tradutora.
Coloquio
- 14:00 horas: Xantar no restaurante Bau Bar
- 16:30 horas: Tradición e disidencia na literatura catalá: "Ante as culturas herdadas (Davant les cultures heretades)" Con: Dolors Bramon, historiadora; Ignasi Riera, narrador e xornalista; Baltasar Porcel, narrador e xornalista. Modera: Cristina Badosa, ensaísta.
Coloquio
- De 18:00 a 20:00 horas: Visitas comentadas ao Museo do Cine de Girona
- 21:00 horas: Cea no restaurante l'Argadà
Sábado 12 de novembro de 2005
- 9:00 horas: Saída en autocar para l'Escala e recepción na Casa do Concello da localidade, presidida polo Alcalde Sr. Josep Maria Guinart e a Rexedora de Cultura Sra. Mari Dubé
- 10:30 horas: Caterina Albert/Victor Català. A dobre disidencia. A cargo de Lluïsa Julià, ensaísta e crítica literaria.
- 11:00 horas: Visita á Casa-Museo de Caterina Albert
- 12:00 horas: Desprazamento a Cinc Claus en autocar
- 12:30 horas: Lectura dramatizada de La infanticida, a cargo de Margarita Massot da compañía Les Xibeques del Cau, de Torroella de Montgrí. Presentación a cargo de Anna Almazan
- 13:30 horas: Xantar no restaurante Mas Concas
- 15:30 horas: Visita guiada ás ruínas de Empuries
- 17,30 horas: Regreso a Girona
- 20:00 horas: Recital na Sala Polivalente do Centre Cultural la Mercè con:
Escritores galegos: Antía Otero, poeta; Xavier Seoane, poeta; Xabier López López, narrador, Anxos Sumai, narradora.
Escritores vascos: Juan Ramón Makuso, ensaísta; Juan José Ispizua, poeta; Aritz Gorrotxategi, narrador; David Tijero, poeta e Iñaki Irazabalbeitia, narrador. Escritores cataláns: Núria Albó, narradora e poeta; Toni Cucarella, narrador; Josep M. Fonalleras, narrador e xornalista; Jaume Pont, poeta e ensaísta e Maria-Mercè Roca, narradora.
Presenta: Adrià Chavarria, crítico e ensaísta. Acompañamento musical: Daniel Regencós, violoncelista.
- 22:00 horas: Cea no restaurante Bau Bar
Domingo 13 de novembro de 2005
- 9:30 horas: Visita facultativa ao barrio xudeo, aos baños árabes e á catedral.
-11:30 horas: Conclusións das sesións de traballo e clausura do XXII Congreso Galeusca, presidida polo Conseller de Política Territorial i Obres Públiques Sr. Joaquim Nadal
-13:30 horas: Xantar de despedida no restaurante Bau Bar
Conclusións da XXII EDICIÓN DO GALEUSCA
As escritoras e os escritores galegos, vascos e cataláns, reunidos en Girona no XXII Encontro Galeusca, arredor do tema “Tradición e Disidencia”, poñemos de manifesto a solidez das nosas propias tradicións culturais, que están a nutrir e conformar xa agora a base imprescindible da cultura universal.
Do mesmo xeito que aconteceu en Poblet hai 22 anos, hoxe en Girona reivindicamos a nosa historia de escritores e escritoras vinculada ao GALEUSCA e procuramos ir máis aló coa nosa disidencia. Isto significa:
- Coñecer e reescribir a nosa propia historia.
- Crear e escribir o noso presente e o noso futuro como pobos diferenciados.
- Esixir que as nosas voces non sexan reprimidas nin xudicializadas e, por tanto, poidan ser escoitadas en todas as partes.
É por todo isto que, como conclusión a estas xornadas, as escritoras e e os escritores manifestamos:
- A importancia dos nosos respectivos patrimonios orais como parte central da literatura escrita e como patrimonio da humanidade.
- O aprofundamento sobre a escritura redixida por mulleres, invisibilizada durante longo tempo nas nosas propias culturas, como un discurso creador, disidente e enriquecedor.
- A necesidade de darmos continuidade ao proxecto de incorporar, nas seguintes edicións do GALEUSCA, os nomes dos nosos escritores e escritoras como referentes comúns para as tres delegacións, tal e como se iniciou este ano coa figura da escritora Caterina Albert / Víctor Catalá.
E, finalmente, é a nosa intención contribuírmos coas nosas letras a un proceso de cambio decisivo que vimos de iniciar nos nosos respectivos países.
Girona, 13 de novembro de 2005