OURENSE, UNIVERSO LITERARIO
Ourense, Auria, Ouréns, Serenou... unha cidade con moitos
nomes e fonda vocación de facerse literatura e de vivir nas
letras. Con Compostela, a cidade máis literaturizada de
Galiza: un cento de poetas cantaron as súas rúas e prazas,
ducias de novelistas utilizaron a súa memoria como espazo
central das súas historias. Se engadimos que eses poetas e
narradores constitúen a cerna de moitos períodos da nosa
historia cultural, podemos empezar a decatarnos da relevancia
da presenza de Ourense como universo literario. Por
que no reducido territorio do Ourense histórico de finais do
século XIX e inicios do XX xorde toda esa potencia creadora:
Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Vicente
Risco, Cuevillas, etc.? Malia a existencia de tantos estudos
arredor deste período, ninguén deu polo de agora coa
chave do labirinto. É máis doado comprender as razóns
polas que esa tradición se consolida logo e extende os seus
camiños, ensarillando os seus significados, ao longo de
todo o século XX: desde Pura e Dora Vázquez, Celso Emilio
e Antón Tovar ata Carlos Casares, Antón Risco, Fernández
Ferreiro ou Méndez Ferrín. E despois en toda unha longa
ringleira de continuadores, de tal extensión e densidade
intelectual que sería inxusto reducir a cita a só uns poucos
nomes. E subliñemos tamén que, como adoita suceder,
esta cidade son moitas cidades: a cidade fidalga e decimonónica
de acenos oterianos, o mundo marxinal do lumpen
blancoamoriano e a toma de conciencia operaria, o
risco satírico e expresionista de don Vicente... De certo, hai
que recoñecer que existen tantas cidades, tantos Ourenses
literarios, como escritores deitaron aquí a súa mirada.
Agardemos que este novo Galeusca, encontro cultural da
máxima significación, sexa quen de suxerirnos tamén
novas perspectivas para seguir esculcando neste misterio...
PROGAMA
Venres 29 de outubro: OURENSE
19.30 h Recepción dos participantes (Hotel San Martín, Hotel Princess)
20.30 h, no Liceo Ourensán: Inauguración oficial do Galeusca 2004
Presentación: Carlos Negro, Secretario Xeral da Aelg
Interveñen: Euloxio R. Ruibal, presidente da Aelg, Jaume Pérez Montaner, presidente da Associació d`Escriptors en Llengua Catalana, Xabel Millet, membro da Xunta Directiva da Euskal Idazleen Elkartea, José Araújo Fernández, concelleiro de Cultura de Ourense, Pilar Gallego Cid, concelleira de Cultura de Allariz, Mª del Carmen García Campelo, directora Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia.
20.45 h, no Liceo Ourensán, Conferencia inaugural «Ourense, universo literario» a cargo de Marcos Valcárcel
21.30 h, no Pazo Municipal de Exposicións, Inauguración de «O apagaio: a pegada dos sentidos» (fotografía: Maribel Longueira, textos: Luísa Villalta
22.15 h Cea (Restaurante Sanmiguel)
Sábado 30 de outubro: ALLARIZ
10.15 h Recollida no hotel dos congresistas e traslado en autocar a Allariz
11.00 h Recepción oficial na Casa do Concello de Allariz
11.30 h, no Centro Social de Allariz, Mesa Redonda: «A imaxe literaria da Cidade nas literaturas galega, catalá e vasca»
Presentación: Carlos López Bernárdez
Relatores: Fran Alonso: Vigo, Isidre Grau: Viñas de Savall (Cerdanyola del Vallès), Urtzi Urrutikoetxea: Bilbo
Nesta mesa reflexiónase sobre o proceso de elaboración dun imaxinario urbano nas tres literaturas nacionais; a cidade como realidade social e como espazo cívico, a cidade como territorio mítico e xungla urbana, cos seus tópicos temáticos, cos seus personaxes arquetípicos, cos seus mitos cinematográficos; a Cidade, tamén, como ámbito cultural que supón un forte contraste coa cosmoloxía do universo rural. A cidade, por último, como microcosmos que esixe a elaboración dunha linguaxe literaria moderna, contemporánea, ecléctica.
13.00 h Coloquio
14.00 h Xantar (Casa Tino Fandiño)
17.00 h Concerto de música clásica (Igrexa de Santiago) a cargo de Conxunto Harmónico: Ilduara Perianes Guitián (Voz), Lucinio Medel Iglesias (Piano), Leonardo Blanco Novoa (Violín), Susanna Blanco Novoa (Violonchelo). Co seguinte programa:
Música: Federico Mompou, Eduardo Toldrá, Manuel Castillo, Manuel Blancafort, Alberto Blancafort, Anselmo Iglesias, Javier Busto, Ataúlfo Argenta
Letra: Ramón Cabanillas, Valentín Lamas Carvajal, Antón Tovar
18.00 h Percorrido histórico-literario pola vila de Allariz
20.00 h, na Fundación Vicente Risco «A palabra e a cidade: intervención no espazo» a cargo de Antón Lopo
21.00 h Cea (Casa de xantar A Fábrica de Vilanova)
23.00 h Regreso a Ourense en autocar
Domingo 31 de outubro: OURENSE
10.30 h, no Liceo Ourensán MESA REDONDA
«A construción do alleo: as cidades do mundo desde a literatura galega, vasca e catalá».
Presentación: Ana Romaní.
Relatores/As: Marga do Val (Tréveris), Miguel-Anxo Murado (Xerusalén), Jaume Pérez Montaner (Portland-Oregón), Miquel Desclot (Cidades do norte), David Tijero (Nova Iorque), Jon Abril (Shangai).
Nesta mesa, participan seis autores/as (dous por cada literatura), que establecen un diálogo entre diversos eixos xeográficos caracterizados pola antítese cultural con respecto á cultura autóctona. Cada escritor evoca imaxes e sensacións en torno a unha cidade allea ou exótica, contemplada dende a súa subxectividade creativa.
12.30 h Coloquio
14.00 h Xantar (Restaurante Sanmiguel)
17.00 h, no Café Auriense, recital poético de presentación do libro GALEUSCA: antoloxía poética (1990-2003)
Presentación: Henrique Rabuñal
Participantes: Emma Couceiro, Pilar Pallarés, Xavier Rodríguez Baixeras, Lluís Alpera, Miquel Desclot, Maria Fullana, Tere Irastortza, Gerardo Markuleta
18.15 h Homenaxe ao poeta ANTÓN TOVAR
Participantes: Delfín Caseiro e Xián Bobillo
19.00 h Paseo literario polas rúas de Ourense: «Roteiro sobre A esmorga, de Eduardo Blanco Amor» acompañado da lectura de fragmentos da novela. Coordina: Marcos Valcárcel
21.00 h Cea (Mesón-Restaurante A Adega do Emilio)
23.00 h Concerto de jazz (Café Latino) a cargo de ABE RÁBADE TRÍO
Abe Rábade (Piano), Paco Charlín (Contrabaixo), Ramón Ángel Rey (Batería)
Luns 1 de novembro: OURENSE
10.30 h, no Liceo Ourensán MESA REDONDA
«Cidades utópicas, cidades soñadas, cidades futuras»
Presentación: Cesáreo Sánchez Iglesias
Relatores: Xavier Queipo, Joan Agut, Julen Gabiria
Trátase de reivindicar dende a creación aquelas cidades que non existen fisicamente, ben porque son xeografías imaxinarias, ben porque forman parte da mitoloxía ou da lenda; tamén se pode falar daqueloutras cidades que resultan invisíbeis, das cidades destruídas ou arrasadas pola guerra e tempo, as cidades marxinadas ou silenciadas...; por suposto, tamén das cidades utópicas e do futuro.
12.00 h Coloquio
12.30 h Acto de clausura
OUTRAS ACTIVIDADES
a) Libraría TORGA: «Exposición bibliográfica sobre os escritores/as
do Galeusca»
«Olladas sobre as cidades do mundo: da literatura á fotografía»
Coordina: XAVIER PAZ
b) Exposición ao aire libre de «Poemas sobre a cidade de Ourense»
CONCLUSIONS DO GALEUSCA 2004: “A CIDADE E A PALABRA”
Os escritores/as galegos, vascos e catalans, reunidos na 21ª edicion do Galeusca, celebrada en Ourense e Allariz, acordan:
1) Reclamar a consideración a todos os efectos das nosas linguas e literaturas, en pé de igualdade, en todo o Estado.
2) Seguindo coa nosa vontade de romper fronteiras, xa expresada no Galeusca de Mallorca, e retomada no de Guernika, manifestamos a nosa satisfacción polos cambios anunciados polo instituto Cervantes verbo da apertura ás nosas linguas das súas actividades no exterior, agardando que as promesas se concreten en feitos.
3) Instar aos concellos de todas as vilas e cidades para que contribúan a unha presenza viva e real dos seus escritores/as.
4) Lembrar a necesidade dun urbanismo máis respectuoso coa nosa historia e identidade, de cara a unha maior humanización.
OURENSE, a 1 de novembro de 2004.