Do 17 de novembro de 1989 ao 19 de novembro de 1989
Por un renovado compromiso do escritor

Palabras de Uxío Novoneyra, Presidente da Aelg

INTRE-BRINDIS

Por tódolos que trouguestes a vosa presencia e palabra a Santiago como antes, cataláns de Cataluña, Valencia, Mallorca e Menorca, vascos de Euzcadi e Navarra, asturianos das Asturias de Oviedo portugueses de Braga i os de Lisboa dos mares castelaos de Castela, que seriades os mais achegados de non amenazarnos a todos a patria-lingua, e galegos de eiquí.

Gracias por este milagre, que nos puxo a todos nun mesmo tempo como estamos agora niste intre-brindis, como se volvera o antigo entusiasmo, como volven os pobos, agora que volven os pobos, cada un co xeito da súa memoria e da Terra súa.

                             Erguémola copa ata sacala porriba do tempo pois estamos soñando
                             agora que xuntos podemos facelo
                             con que cada pobo teña a súa vida a súa terra i a súa lingua seguras
                             non amenazadas
                             nunha nova era de concordia que semella posible que semella posible…

 

Compostela
19 novembro / 1989
Saa Circular do Auditorio de Galicia