Do 22 de xuño de 1984 ao 24 de xuño de 1984
Foto da actividade
MANIFESTO DE POBLET

Reunidos en Poblet o día 24 de xuño de 1984, Nós, escritores galegos, vascos e cataláns, MANIFESTAMOS:

1. En contra de todo intento de manipulación e de desvirtuación cultural e nacional, son escritores galegos, vascos e cataláns aqueles que usan como instrumento de creación as súas respectivas linguas, é dicir: galego, éuscaro e catalán.

2. A pesar dos adiantos de normalización -debidos fundamentalmente ao combate reiterado, tanto dos escritores como doutros sectores sociais cunha alta conciencia nacional- atopámonos moi lonxe aínda dos mínimos exixibles nunhas sociedades nacionais asentadas. Constatamos que só se cada unha das nacións aquí representadas se constitúe en estado integramente soberano, haberá garantías de pleno restablecemento.

3. O compromiso firme de establecer relacións continuadas de intercambio e de acción conxunta entre as literaturas e outras expresións culturais de Galicia, Euskal Herría e os Países Cataláns. Para ese efecto, pedimos xa desde agora ás Institucións que creen a infraestrutura necesaria a fin de que esta interrelación funcione efectivamente, incluíndo a difusión e a representación internacional das nosas literaturas en todos os ámbitos.

4. O compromiso das nosas Asociacións de manter unha relación constante, mediante a creación dun equipo de traballo conxunto coa misión, entre outras, de: 

- Garantir o intercambio de información sobre a produción literaria. 
- Pór en marcha publicacións comúns. 
- Impulsar traducións mutuas, así como bolsas destinadas a favorecer o transvasamento de experiencias culturais. 
- Velar pola defensa conxunta e solidaria dos intereses profesionais.

5. Que o Encontro demóstranos a preocupación intensa dos escritores, tanto con respecto á problemática das nosas nacións sen estado, como con respecto á defensa efectiva dos dereitos humanos; e así constatamos o feito dunha represión que tamén afecta escritores tanto das nosas nacións como doutras do mundo.

Con obxecto de continuar traballando no camiño xa comezado neste Encontro, autoconvocámonos para un Segundo Encontro que terá lugar a Euskal Herría.