19 de maio de 2018
Organizan a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocaron a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, celebrada o 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se deron a coñecer as obras gañadoras:

 

Ensaio e investigación

– Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa(Edicións Laiovento).

O xurado estima que nesta obra Antón Figueroa devolve á cultura galega e europea a figura de Margot Sponer, autora que nos situou no mapa dos estudos académicos. O libro é tamén un percorrido emocional que logra transmitir na súa lectura.

 

Divulgación

– Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño (Edicións Xerais de Galicia).

O xurado considera que este libro é único, froito dunha experiencia singular, demostrando que no século XXI aínda se pode manter a ollada curiosa da ciencia sobre o mundo.

 

Narrativa

– A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Edicións Xerais de Galicia).

O xurado estima a mestría do autor á hora de empregar o medo e a memoria para explicar a represión e o control social dos anos 40 en plena ditadura franquista.

 

Infantil

– A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).

O xurado valora o tratamento divertido, cun ritmo trepidante, da asociación entre a fantasía, a imaxinación e a creatividade, reivindicando o papel das nenas e das mulleres en relación á ciencia é á técnica.

 

Xuvenil

– Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia).

O xurado considera a orixinalidade desta obra ao tratar un episodio practicamente descoñecido da nosa historia científica, cun amplo labor de documentación e rigorosidade, poñendo rostro a heroes anónimos.

 

Libro ilustrado

– Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).

O xurado estima a capacidade desta obra para introducir o público infantil na arte contemporánea abstracta, e o diálogo establecido coa poesía.

 

Libro de banda deseñada

– Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).

O xurado valora o espírito lúdico e a complexa e xogantina estrutura narrativa da obra, ao tempo que permite unha lectura múltiple e dinámica.

 

Iniciativa bibliográfica

– Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).

O xurado considera a relevancia dun enfoque plural nesta colección, que revitaliza a lingua no ámbito científico-tecnolóxico.

 

Tradución

– Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).

O xurado dá a benvida á tradución ao galego deste clásico universal, verquido directamente desde a lingua orixinal, transmitindo a frescura e a fluidez do texto da autora sueca.

 

Poesía

– Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).

O xurado destaca a contención no tratamento da perda e a capacidade para vincular a súa vivencia persoal ao colectivo. Ao mesmo tempo valórase a calidade deste froito particularmente maduro na súa poética.

 

Teatro

– Río Bravo, de Chévere (Kalandraka Editora)

O xurado celebra a publicación desta obra pioneira dunha forma de facer teatro que revolucionou o panorama dramático galego, nunha coidada edición.

 

Libro mellor editado

– Lumes, de Ismael Ramos (Apiario).

O xurado valora a elegancia minimalista desta obra en particular, que brilla de forma especial nun traballo de edición impecable.

 

PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

– Viñetas desde o Atlántico.

O xurado recoñece o tesón na traxectoria de máis de vinte anos desta iniciativa, contribuíndo a popularizar a banda deseñada, e conectala coa cultura do país.

 

Proxecto literario na rede

– Caderno da crítica, de Ramón Nicoláshttps://cadernodacritica.wordpress.com/

O xurado destaca a constancia no traballo deste espazo na rede, que permite seguir o panorama literario galego, achegando materiais orixinais.

 

Xornalismo cultural

– Ana Romaní

O xurado destaca a súa incontestábel traxectoria de traballo de difusión da cultura desde o Diario Cultural da Radio Galega.

 

O xurado quere facer constar que, pese a un escenario de retroceso no número de títulos publicados, da visibilidade e dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, brilla, mesmo así, a gran calidade e o esforzo do mundo do libro galego.

Ademais, entregáronse os premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Isabel-Clara Simócomo Escritora Galega Universal 2018, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans.

A Asociación Galega de Editoras premiou a Xavier Senín, pola súa prolongada e constante aposta a favor do Libro Galego, que se visualizou, de forma nítida, no longo período en que desenvolveu o seu labor como subdirector do libro e de promoción cultural da Xunta de Galicia entre 1987 e 2005.

A Federación de Librarías de Galicia premiou a Xurxo Patiño, da Libraría Librouro (Vigo), polo seu compromiso co mundo do libro galego e a lectura, así como pola súa achega efectiva durante moitos anos ao sector do libro a través do traballo desenvolvido na Federación de Librarías de Galicia.

A Gala, presentada pola actriz Isabel Risco, contou coa actuación musical do grupo A Banda da Loba.

A Gala do Libro Galego 2018 contou co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Durante a Gala recordáronse aquelas persoas que nos deixaron desde a anterior edición, as seguintes:

  • Carlos Mosteiro, que soñou mundos para os máis novos lectores.
  • Óscar Martínez Castro, que encheu as soidades da emigración co estudo da nosa cultura coa súa escrita
  • Isidro Novo, o home que amaba e procuraba as palabras para non esquecermos que teñen memoria e son seres vivos que senten e se doen e aman a ledicia.
  • Bautista Álvarez, que sacrificou grande parte da súa creación literaria por axudar a escreber o libro colectivo desta terra.
  • Xoana Torres, que segue a navegar o Mar Maior onde as Mulleres son donas do seu destino a gobernar o timón da história.
  • Berta Cáccamo, a pintora e ilustradora que no lenzo e no papel escoitaba os murmurios do silencio, que emocionaba as cores, que conmovía a luz, que tintaba a luz para que a luz fose, e fose o poema.
  • Os Mestres e Mestras da Memoria Emilio Pérez Álvarez, Emilio do Pando, mestre de todos os oficios, gaiteiro e tocador de trompa; Manuela Cortizo Medal, Manuela de Barro, recreadora e divulgadora dos cantos e músicas populares, que contou as lendas e contos da terra de Cerdedo; e Alsira Gil Ramos,  das pandeireteiras da Alén, cantora das coplas que gardaba a súa memoria. El e elas, beberon das fontes transparentes da tradición oral e contaron e cantaron para nós, para que o que somos non acabe sendo árbore murcha sen follas, sen raíz.
  • Xosé Manuel Carballo Ferreiro, que bebeu e habitou a chaira do lume a auga e a pedra das lendas de noso.

 


Este foi o programa.

  • 18.30 Sesión fotográfica á entrada do Teatro
  • 19.30 Comenzo da Gala
  • 21.30 a 22.30 Sesión fotográfica coas persoas gañadoras dos Premios

 


Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo, formado por María Luz Corral, Mario Regueira, Marga do Val, Óscar Villán, Susana Sánchez Aríns, Xavier Senín e Óscar Antón Pérez García.

Este ano os Premios da Gala do Libro Galego incorporaron novidades en relación ás categorías a recoñecer: a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades, e incorporáronse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado.

En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que, anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

Esta é a relación de obras finalistas por cada modalidade dos premios.

 

OBRAS EDITADAS EN 2017

 

Ensaio e investigación

 

- Amada García e os seus arredores, de Bernardo Máiz Vázquez (Edicións Embora).

- Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos (Edicións Xerais de Galicia).

- Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa (Edicións Laiovento).

- Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), de María Xesús Lama (Editorial Galaxia).

 

 

Divulgación

 

- Cociña galega tradicional, de Matilde Felpeto (Edicións Xerais de Galicia).

- Os nomes do terror: Galiza 1936, Xosé Álvarez Castro, Xosé Ramón Ermida Meilán; Eliseo Fernández e Xoán Carlos Garrido Couceiro (coordinadores), (Sermos Galiza).

- Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño (Edicións Xerais de Galicia).

- Universo matemático. Das ideas e das técnicas, de Antom Labranha (Edicións Xerais de Galicia).

 

 

Narrativa

 

- Abadessa, oí dizer, de varias autoras (Através Editora).

- Um elefante no armário, de Teresa Moure (Através Editora).

- A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Edicións Xerais de Galicia).

- O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro (Editorial Galaxia).

 

 

Infantil

 

- A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio (Edicións Xerais de Galicia).

- Bruxa e familia, de Paula Carballeira, ilustrado por Lucía Cobo (Oqueleo).

- A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).

- Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).

 

 

Xuvenil

 

- 22 segundos, de Eva Mejuto (Edicións Xerais de Galicia).

- Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas (Edicións Xerais de Galicia).

- Corredora, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia).

- Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia).

 

 

Libro ilustrado

 

- O branco non pinta!, ilustrado por María Brenn, de Antía Otero (Apiario).

- As estrambóticas aventuras do Barón Münchhausen, ilustrado por David Pintor (Bululú Editorial).

- A horta de Simón, ilustrado por Rocío Alejandro (Kalandraka Editora).

- Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).

 

 

Libro de banda deseñada

 

- Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).

- O Bichero (VII), de Luís Davila (autoedición).

- Fóra do mapa, de Emilio Fonseca (Deputación da Coruña).

- Licor café. 13 grolos da Nova banda deseñada galega, de varias-os autoras-es (Demo Editorial).

- Tonecho, de Xaquín Marín (Editorial Galaxia).

 

 

Iniciativa bibliográfica

 

- Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, Anna Turbau (Consello da Cultura Galega).

- Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).

- Colección Biblioteca de Teatro, Chévere (Kalandraka Editora).

- Mulleres bravas da nosa historia (Urco Editora).

 

 

Tradución

 

- A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, traducido por Isaac Xubín (Edicións Xerais de Galicia).

- Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).

- O rapaz que nunca existiu, de Sjon, traducido por Elías Portela (Rinoceronte Editora).

- Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob, traducido por Samuel Solleiro (Aira Editorial).

 

 

 

Poesía

 

- Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).

- Cervatos, de Lucía Novas (Kalandraka Editora).

- Culpable, de Eli Ríos (Edicións Xerais de Galicia).

- Na casa da avoa, de Marta Dacosta (Editorial Galaxia).

 

 

Teatro

 

- Marcha fúnebre para un monicreque, de Roi Vidal (Xunta de Galicia/Baía Edicións).

- Na butaca. Fantasía Nº 3 en Dor Maior, de Esther Carrodeguas (Editorial Galaxia).

- Río Bravo, Chévere (Kalandraka Editora).

- Suite Artabria, de Manuel Lourenzo (Edicións Xerais de Galicia).

 

 

Libro mellor editado

 

- Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).

- Baixo as mesmas nubes, de Elga Fernández Lamas (Edicións Embora).

- Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).

- Lumes, de Ismael Ramos (Apiario).

- Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren (Kalandraka Editora).

 

 

PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS

 

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

 

- Biblioteca Neira Vilas de Vigo.

- Chan da Pólvora (proxecto de libraría e edición).

- Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega.

- Viñetas desde o Atlántico.

 

 

Proxecto literario na rede

 

- BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil, https://biosbardia.wordpress.com/

- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/

- Criticalia, de Armando Requeixohttps://armandorequeixo.wordpress.com/

- Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa, https://galiciaencantada.com/

 

 

Xornalismo cultural

 

- Ana Romaní

- Daniel Salgado

- Montse Dopico

- Montse Pena Presas