Intervención de Uxío Novoneyra na clausura do Galeusca
Dícese que o máis fermoso e fondo poema escrito en galego é a Cantiga de San Simón, aló no mar de Vigo, augas do alén, siglo XII.
Cantiga:
“Sediame eu na ermida de San Simón...”
......
É o único poema que nos queda dun xograr chamado Mendiño, quer decir mendigo, é un canto de soledá. Un De profundis de Soledá.
A soledá fainos grandes, a por de soios, mais a soedade, levada ou non ó delirio, amais de gran door, é mala compaña pra afrontar a Historia.
Por eso vascos, catalás e galegos nos xuntamos –entre igoales– nos “Galeusca”. I é así como cómpre facelo, pois non é bon xuntarse cos moi poderosos. Como dice o poeta-filósofo alemán:
“Non busques o apoio dos grandes. O seu abrazo esmaga.”
Xuntámonos frente a unha mesma amenaza. Nada une mellor que unha mesma amenaza. Nós non nos unimos contra nadie senón contra desa amenaza, unha amenaza terrible, como é sempre a do máis cercán.
Xuntámonos pra falar diante este mar antigo e vémolo novo, tal e como un ve unhos ollos, cando xa pensabamos que ningunha mirada podería traguernos máis que unha escura –pero certa– noticia de pervivencia.
Perviviremos. Visca Euscadi. Visca Cataluña, Valencia e Mallorca. Vivan Galicia i as Asturias de Oviedo. E viva Castilla.
E repito o brindis como fai un ano en Compostela:
“Levantámolas copas hasta sacalas porriba do tempo pois estamos soñando, agora que xuntos podemos facelo”.
Palma de Mallorca 14-10-1990
Vexa aquí o conxunto de relatorios e textos (formato .pdf, 420 kb.)
- XAVIER R. BAIXERAS, XOSE Mª ALVAREZ CÁCCAMO E MANUEL FORCADELA A perduración da poesia na era tecnolóxica
- MIGUEL SANDE A poesia, ás portas dun novo milénio
- KOLDO IZAGIRRE El puente de Roma
- JOSEMARI ITURRALDE Gai historikodun narrazioak euskal literaturan
- IÑIGO ARANBARRI Hire ahotsaren balusari
- MARIA-ANTÒNIA OLIVER Historia i narrativa: Una dialéctica actual
- JOSERRA GARZIA Homogeneización de la cultura
- MIGUEL-ANXO FERNÁN VELLO Homoxeneización cultural? No, thanks
- HENRIETTE AIRE Kultur homogeneizazioaren aurrean Euskal Herri Iparraldeko literatur kreazioa
- JOSEP BALLESTER I RAMON GUILLEN La crisi de la poesía en la societat tecnológica actual
- XAVIER GARCÍA PUJADES Literatura i destrucció del món físic
- TAIBO Narrativa galega: A materia histórica
- JOAN MARI IRIGOYEN Narrazioa eta historia
- PATRI URKIZU Ohar labur batzuk euskal nobela historikoaz
- JON KORTAZAR Poesia eta gizarte teknologikoa
- EDORTA JIMENEZ Poesia eta isiltasuna
- VICENÇ VILLATORO Una qüestió de tint
- JOSE LUIS OTAMENDI Zertarako poesia gizarte teknifikatuan