Exploraremos a escritura como forma de intervención a partir da obra de Begoña Caamaño, sobre todo a través da creación de textos xornalísticos e ensaísticos. Tanto os artigos como as novelas da autora, estimulantes, lúcidos e contemporáneos, servirannos de estímulo para a produción textual desde unha perspectiva crítica e analítica. Escribiremos desde Begoña e para Begoña. Begoñizarémonos desde o pracer azul da lectura.
- A cargo de Inma Otero, cunha sesión especial a cargo de Marga do Val.
- 20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que se adxudicarán por orde cronolóxica de solicitude.
- A inscrición, gratuíta e obrigatoria, faise mediante correo electrónico en oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
- O obradoiro terá lugar no Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17), na Coruña.
Calendario
- Días: sábados 9, 16, 23 e 30 de maio; e 6, 13, 20 e 27 de xuño.
- Horarios: de 11.00 a 14:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
