Do 10 de outubro de 2026 ao 7 de novembro de 2026
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, con patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Biblioteca Municipal Neira Vilas de Vigo e a Asociación Cultural Évame Oroza
Foto da actividade

A poesía non entra nun DIN A4. Sen marxes é un convite a desbordar o papel para levar a escrita directamente ao corpo, á sonoridade e ao espazo.

Neste obradoiro sentaremos á mesa da creación poética sobre catro patas fundamentais: voz, corpo, música e obxectos. Con estes elementos hibridaremos o poema para darlle sabor e colocalo no centro do taboleiro, alimentando a nosa fame simbólica e artística, e a necesidade de resignificar o mundo desde o código poético.

Ao romper os límites do folio, a escrita feita corpo habitará o espazo, gañará sonoridade e cambiará de cor.

Sen marxes. Poesía expandida

A cargo de Silvia Penas, e cunha sesión especial a cargo de María Lado.

 

Ten 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando nome, apelidos e o nome deste obradoiro.

 

Calendario, horarios e emprazamentos

- Biblioteca Municipal Neira Vilas de Vigo (Avenida Emilio Martínez Garrido, 21):
Sábados 10, 17, 24 e 31 de outubro de 2026.

- Asociación Cultural Évame Oroza (Subida Costa, 5):
Sábado 7 de novembro de 2026.

 

 

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.