Do 5 de abril de 2024 ao 25 de maio de 2024
Unha iniciativa da Escola de Escritorĉs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

Este obradoiro pretende amosar que non hai temáticas prohibidas na Literatura Infantil e Xuvenil, só maneiras máis ou menos axeitadas de achegarse a elas. Tomaremos como base a extensa obra de Fina Casalderrey e a súa perspectiva inocente e realista sobre a morte, a violencia de xénero, o maltrato animal, a diversidade, a tolemia, a migración, o diálogo interxeracional... para a elaboración de textos persoais con vontade transformadora.

Os comportamentos e medos da nenez e mocidade serán os sendeiros que percorreremos para autodescubrir as propias lembranzas, que servirán como alicerce da nosa creatividade.

 

 

- A cargo de Verónica Pousada Pardo, e cunha sesión especial con Fina Casalderrey.

- A inscrición, gratuíta e obrigatoria, fíxose mediante correo electrónico en oficina@aelg.org

- O obradoiro desenvolveuse na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).

 

Calendario

- Días:

Venres 5, 12, 19 e 26 de abril; venres 3 e 10 de maio; e sábados 18 e 25 de maio de 2024.

- Horarios:

Venres 5, 12, 19 e 26 de abril, de 16:30 a 19:30 h.

Venres 3 e 10 de maio, de 16:30 a 19:30 h.

Sábados 18 e 25 de maio, de 10:00 a 13:00 h.

 

 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.