Obradoiro concibido como un espazo para reflectirmos sobre a creación literaria e para escribirmos na compaña da escritora Luísa Villalta: Nós con ela e ela connosco do outro lado da súa obra. Adentrarémonos nos territorios dos xéneros literarios, no diálogo que establecen entre eles; atravesaremos as súas fronteiras para xogarmos, para vermos como xogou Villalta. Gozaremos coa relación entre a literatura e as outras artes e deixarémonos polinizar por todas elas.
Desde unha reflexión feminista falaremos de e desde a escrita da autora e das súas circunstancias; da responsabilidade como asinante dun texto e da recepción da obra. Non esqueceremos os seus ensaios nin as súas columnas.
Escribirmos na compaña de Luísa Villalta
A cargo de Marga do Val e sesións especiais con Cristal Méndez Queizán e Miro Villar.
Terá lugar no CSC Maruxa e Coralia (Praza de Salvador Parga, 4), en Santiago de Compostela.
Hai 18 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, no correo electrónico oficina@aelg.org.
Calendario e horarios
- Sábados 20 de abril; 4, 11 e 25 de maio; e 1, 8, 15 e 22 de xuño de 2024, de 10:30 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.