Este obradoiro está concibido como un espazo de creación e reflexión ao redor da literatura e da propia escrita fóra dos marcos hexemónicos establecidos.
Desde unha reflexión feminista ao redor dos textos, falaremos de privilexios, interseccionalidade e da responsabilidade que leva consigo o lugar da escrita e a súa recepción.
Ampliaremos as nosas olladas e moveremos os marcos para que poidamos elixir os camiños que, como escritoras, queremos transitar.
- A cargo de Andrea Nunes Brións e cunha sesión especial de Ana Romaní.
- Terá 8 sesións de 3 horas cada unha.
- Hai un total de 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org.
- O obradoiro desenvolverase na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Rúa das Casas Reais, 8), en Santiago de Compostela.
Calendario
Información sobre protección de datos
Información sobre protección de datos A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.