O sistema literario galego é un metaverso de múltiples relacións literarias complexas. Este obradoiro pretende mostrar un abano amplo de espazos nos que intervir desde a literatura, recoller a experiencia en voz de muller e crear referentes femininos para a construción de personaxes na voz das mulleres protagonistas, en primeira persoa.
- A cargo de Eli Ríos e cunha sesión especial de Eva Mejuto.
- Tivo 9 sesións, coa presenza en varias delas de Susana S. Arins, Mon Vilar, Lorena Conde, Beatriz Maceda Abeleira, Aranxa Vicens e María Reimóndez.
- O obradoiro desenvolveuse na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Rúa das Casas Reais, 8), en Santiago de Compostela.
Calendario

Información sobre protección de datos
Información sobre protección de datos A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.