Máis alá das afinidades entre a escrita e o audiovisual, as palabras son ferramenta esencial para evocar un imaxinario. A materia seminal da escrita son as verbas, como os planos na materia audiovisual. E as afinidades amplíanse no proceso creativo, do parágrafo á escena, do capítulo á secuencia, da novela ao filme. Máis alá desa brincadeira, a ficción levada a imaxes pasa antes pola peneira dun guión, dunha harmoniosa mestura. A futura trama xermina entre unha fervenza de palabras que van collendo forma para culminar nunha pantalla ao servizo dun imaxinario colectivo, co/a lector/a mudando a espectador/a.
- A cargo de Miguel Anxo Fernández e cunha sesión especial de Ángel de la Cruz.
- Tivo 5 sesións de catro horas cada unha.
Calendario
A segunda xornada consistiu na miña maneira de entender a creación literaria, moi supeditada no estilo á narrativa audiovisual: frase/plano; parágrafo/escena; capítulo/secuencia; novela/filme.
Finalmente, na seguinte, comentario de textos aportados por algúns dos participantes e repaso xeral.
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.