Do 26 de xuño de 2018 ao 27 de xuño de 2018
Co apoio da Consellaría de Cultura e a colaboración do Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra

O 11 de xuño, ás 19.00, tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a entrega de premios do VI Certame de Relato curto (vexa aquí a galería de fotos do acto) que conta coa colaboración da AELG, quen se comprometeu a ofrecer un obradoiro da súa Escola de Escritoras e Escritores ás persoas autoras dos cinco mellores textos de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos).
Os días 26 e 27 de xuño de 17:00 a 19:00, Ledicia Costas exerceu de guía literaria para que estas 20 persoas afondaran na súa vocación literaria.

Máis información, aquí.