Co patrocinio da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela
Foto da actividade

Suso de Toro impartirá este novo obradoiro de creación literaria da Escola de Escritoras-es da AELG. Constará de 10 sesións, e nunha delas participará como escritor convidado Pedro Feijoo.

 
Contidos
Formación do escritor e técnicas narrativas.
Delimitación do campo da poesía e da ficción narrativa.
A construción do/a autor/a.
Redacción de textos.
 
 
Público destinatario
Adulto
 
Prazas
25
 
Lugar
Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92) 
 
Duración
Dez sesións de dúas horas cada unha
 
Horario e calendario
De 11.30 a 13.30 os sábados 26 de setembro, 3, 10, 17 e 24 de outubro, 7, 14, 21 e 28 de novembro e 12 de decembro.
 
Preinscrición e admisión
A preinscrición farase enviando un correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega do Concello (dlg@santiagodecompostela.org) ata o 12 de agosto incluído. Cómpre indicar o nome completo o número de identidade un teléfono de contacto. Rematado o prazo de preinscrición, elaborarase unha listaxe por orde de entrada das solicitudes, que se comunicará a todas as persoas inscritas para que aquelas que obtiveran a praza (as 25 primeiras) formalicen a matrícula. En caso de que non o fagan dentro do prazo sinalado, avisarase por orde ás persoas que quedaran na listaxe de agarda para que a formalicen.
 
Matrícula
Entre o 7 e o 15 de setembro. A folla de pagamento deberá recollerse no Centro Sociocultural das Fontiñas (rúa de Berlín, 13, tel.: 981.528 750) e volver entregala dentro deste prazo unha vez realizado o pagamento nunha entidade bancaria.
 
Prezo
34 euros