Foto da actividade

Escola de Escritoras e Escritores da AELG convocou un novo obradoiro de creación literaria.

Curso de literatura práctica, conducido polo escritor Camilo Franco, ofreceu unha aproximación á literatura a partir de reflexións sobre onde comezan as historias ou a quen debe convencer o escritor ou escritora. Contou tamén coa participación como autor convidado de Magín Blanco.
 
O curso, gratuíto grazas ao apoio da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, constou de dez sesións, os sábados de 11.30 a 13.30 horas, na aula de didáctica do Museo-Fundación Eugenio Granell (praza do Toural) e comezou o 13 de setembro.