Unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, coa colaboración da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela "Ánxel Casal" e o patrocinio da Consellaría de Cultura
Foto da actividade

Novo obradoiro de creación literaria da Escola de Escritoræs da AELG

 A ESCALEIRA DE INCENDIOS  DO VERSO

Impartido polo escritor Mario Regueira      

 

Información básica sobre a actividade

 

Contidos
Repasando as distintas fases históricas da poesía (tanto galega como universal), o obradoiro procurará o coñecemento e ampliación dos seus distintos recursos técnicos e expresivos, así como a indagación nas súas posibilidades creativas, mostrando e afondando nas distintas opcións estilísticas que existen.

Preténdese tamén explorar os seus territorios anexos, tanto as concepcións máis vangardistas da arte poética como a relación con outras artes ou formas de expresión.

A idea da escaleira de incendios remite á posibilidade de atopar camiños inesperados e novos, que sirvan tanto para unha fuga de emerxencia como para xogar gañando a rúa pola vía menos pensada.

O obradoiro contará nunha das súas sesións coa presenza dun escritor-a convidado-a, que expoñerá o seu proceso creativo e atenderá as preguntas dos-as participantes.  

 

Lugar, datas e horas

As sesións terán lugar todos os xoves, do 7 de agosto ao 9 de outubro no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela “Ánxel Casal”.

·       No mes de agosto, o horario será de 12.15 a 14.15 horas.

·       Nos meses de setembro e outubro as sesións desenvolveranse de 16.30 a 18.30 horas.

Prégase presentarse 10 minutos antes do comezo de cada sesión.

 

A quen se dirixe

20 prazas para maiores de 16 anos

 

Inscrición

O prazo para anotarse comeza o 11 de xullo ás 8.30h e remata o 6 de agosto ás 14.00 horas. Os medios para inscribirse son:

·      Presencialmente no mostrador de información da Biblioteca en horario de mañá, de 8.30 a 14.15 horas, de luns a venres.

·       Por teléfono, chamando ao 881 999 401.

·       Por correo electrónico: biblio.publica.santiago@xunta.es.

 

En ningún caso unha persoa poderá inscribir a outra. Cada comunicación de inscrición debe ser individual.

Unha vez cubertas as 20 prazas, abrirase unha lista de agarda.

A selección dos/as participantes realizarase atendendo unicamente á orde de inscrición. Os/As usuarios/as poden anotarse mediante calquera das tres modalidades, sen que supoña unha preferencia dunha sobre a outra. Só contan o día, hora, minuto e segundo en que se inscriben. A lista de agarda seguirá ese mesmo criterio.

 

Normas básicas para o correcto funcionamento da actividade

Prégase aos/ás participantes que, en caso de non poder seguir asistindo ás sesións, avisen á Biblioteca coa suficiente antelación para que as vacantes queden cubertas polos inscritos/as na lista de agarda.

 

Faltas de asistencia

O control realizarase en cada sesión mediente unha folla na que os/as asistentes deben asinar. A finalidade deste control é que, se algunha persoa falta de forma reiterada, outras que estean na listaxe de agarda poidan formar parte do mesmo no seu lugar.

 

Faltas non xustificadas: O número máximo será de 2 sesións (4 horas). En caso de superar esta cifra, a praza pasará automaticamente á primeira persoa da lista de agarda.

Faltas xustificadas: Non se contabilizarán sempre que estean xustificadas mediante un documento acreditativo (parte de baixa ou informe médico no caso de enfermidade, informe dun/dunha superior en caso de ausencia por motivos laborais, etc.):  

a) Faltas xustificadas non consecutivas: Ao chegar á segunda falta xustificada a biblioteca poderá formular ao/á participante no obradoiro a posibilidade de seguir ou de ceder a súa praza (aínda que sexa temporalmente) a algunha persoa na listaxe de agarda. En caso de que o/a participante no obradoiro non ceda a súa praza e volva ausentarse, o seu posto pasará automáticamente á primeira persoa da lista de agarda.

b) Faltas xustificadas consecutivas: Se o/a participante no obradoiro prevé que vai faltar durante máis de dúas sesións seguidas, pode ceder a súa praza temporalmente a outra persoa que estea na listaxe de agarda. O/A participante poderá reincorporarse ao obradoiro tan pronto como saiba que pode asistir ás sesións.