Do 14 de febreiro de 2012 ao 8 de maio de 2012
Con esta iniciativa da AELG preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.
Foto da actividade

 O día 14 de febreiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo, Oleiros), comezou un Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane, dentro do programa de Escolas de escritores-as da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizouse cunha duración de dez sesións.

É unha iniciativa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio da Concellería de Cultura de Oleiros.