Foto da actividade

Froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Carlos Negro foi o encargado de conducir o obradoiro de escrita creativa que, baixo o título "O berro de Lord Byron" pretendeu lograr que os participantes adquiriran o hábito da escritura como outra maneira de gozar do tempo libre, á vez que afondou na afección pola lectura e na valoración do feito literario como produto lingüístico, estético e sociocultural.
 
O Obradoiro tivo lugar no Centro Sociocultural de Conxo, comezando o sábado 27 de outubro e desenvolvéndose en dez sesións de dúas horas cada unha.
 
 
Foi un bradoiro de reflexión e creación centrado, fundamentalmente, no xénero poético, estruturado en dez apartados: 
 
  1. Literatura e poesía: diso non che sei nada.
  2. O big-bang do universo: o berro de Lord Byron.
  3. Viches que pintas tan raras leva ese poema?
  4. Primeiro manifesto contra a cursilería poética.
  5. Cinco posturas para o acto poético.
  6. As tripas do corazón ou a fontanería da alma.
  7. O sangue no fouciño, a pólvora no canto.
  8. Temporada de caza: imaxes, obxectos, persoas.
  9. Morfem*s abert*s ou como rachar as costuras.
  10. O veleno do alacrán e o sorriso do pallaso.
 
Obxectivos: pasalo ben, falar de poesía, recitar versos, facer poemas, romper tópicos, aprender a desaprender o pouco que se sabe.
 
Vexa aquí o cartel do obradoiro.