Co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega
Foto da actividade

O ciclo contou coas seguintes conferencias, que se celebraron no Salón de Actos da Real Academia Galega, sempre ás 20.00:

 

 

  1. Conferencia inaugural

Xoves, 11 de abril: Rosalía de Castro: a orixinalidade do seu cantar

Pilar García Negro

 Nas seguintes ligazóns pode escoitar:

  

  1. Xoves, 18 de abril: Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas

Aurora Marco

"Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas", é unha viaxe sobre o exilio das mulleres galegas, silenciadas pola historia tradicional. Tras unhas consideracións xerais sobre as palabras das mulleres e sobre a escrita autobiográfica feminina, analizáronse e comentáronse dous textos que recuperan as voces da memoria democrática: Éxodo (1940), de Silvia Mistral, e Memorias dunha republicana (2012), de Teresa Alvajar López. Para finalizar, proxectouse un capítulo do documental As silenciadas, de Pablo Ces, Premio Mestre Mateo 2012.

Nas seguintes ligazóns pode escoitar:

 

  1. Xoves, 25 de abril: As voces ausentes. Literatura restitutoria

Antón Riveiro Coello

Unha reflexión sobre como coa imaxinación e a través da vida de seres esquecidos podemos construír unha ficción cos lugares calados e invisibles da Historia, e como con eles podemos incidir na sociedade actual e transformala.

Literatura de restitución de voces ausentes como poden ser as das mulleres, a través das que se intenta canalizar a memoria e a percepción do conflito. Literatura tamén de recoñecemento ás vítimas, para lles dar unha homenaxe, sen entrar en ningún tipo de división ideolóxica.

Escribir sobre (e dende) a Guerra Civil non é unha moda dos fillos ou netos da mesma senón un acto de compromiso e rebeldía contra o esquecemento desas personaxes humildes nas que tamén está representada a identidade colectiva. Literatura como unha opción ética e estética de poñer en tensión o pasado e inscribir nel estas novas olladas que aspiran a modificalo. É dicir, a ficción, como lugar de exploración dos discursos do pasado, para iluminar eses espazos invisibles, para recompoñer as pluralidades das voces ausentes e achegar novas verdades a esa memoria en permanente construción.

Nas seguintes ligazóns pode escoitar:

 

  

  1. Venres, 3 de maio: Quem guardará os livros

Lídia Jorge, Escritora Galega Universal 2013

Nas seguintes ligazóns pode escoitar:

 

 

Entre o invisíbel e o invisibilizado habitan voces e silencios, sombras e tebras que testemuñan tempos, espazos e nomes propios desacougados á espera da restauradora luz da alba. 
Porque precisamos reconstruírmos os lugares máis escuros da memoria -as guerras, as mulleres represaliadas, as guerrilleiras, as voces enfermas, esquecidas ou simplificadas até a sometemento, as vidas vividas a contrafío na defensa dos dereitos- chegamos á escrita restauradora.
Velaquí a literatura a se converter nos óculos-ponte e no espello reflector que trace, desde a palabra, os lindes xeográficos e humanos dos territorios da invisibilidade.