Co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e CEDRO.
Foto da actividade

 

No desenvolvemento creativo de toda cultura sempre estiveron presentes as máis diversas formas de  colaboración entre a artes e a literatura.
É intención desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) facer unha aproximación a esta relación que, da man da literatura galega, as artes plásticas o cinema, a música, tiveron e teñen na cultura galega dentro dun mesmo contexto sociocultural como resposta a unha mesma realidade nun mesmo período temporal.
Ao longo de tres mesas redondas, compartidas por escritores, cineastas, deseñadores e compositores, falaremos da súa relación, das formas de comunicación ou de influencia entre elas e dos froitos que finalmente resultan destas formas de colaboración ou de tan só ter compartido un mesmo tempo histórico.
 
Este foi o texto do discurso inaugural da presidencia da AELG.