"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas.. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con Rosalía, cuxa primeira parte pode verse en:
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro...
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei.
Coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.