Estas xornadas, que xa van pola súa décimosexta edición, ofrecéronse para axudar o futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora. A temática elixida foi a do camiño, entendido este cunha visión ampla que recolle as viaxes, a deriva interior iniciática, os camiños de peregrinación etc., pois considérase que, ademais de axudar ao coñecemento do obxecto principal de análise, a Literatura Infantil e Xuvenil, axuda a poñer en valor o patrimonio cultural e identitario galego.
Carga docente:
12 horas (2 horas serán non presenciais para tarefas relacionadas cos obradoiros)
Datas e lugar de realización:
Día 21 de novembro. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
(Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)
Día 22 de novembro. Biblioteca Afundación
(Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela)
Xoves 21 de novembro
Lugar de celebración: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa de San Roque, 2, Santiago de Compostela)
16,00-16,15 Recollida do material
16,15-16,30 Inauguración: Secretario Xeral de Política Lingüística, secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e directoras das xornadas
16,30-17,15 Os camiños na Literatura Infantil e Xuvenil. Ánxela Gracián (CRPIH/USC) Presenta: Carmen Ferreira (UdC/CRPIH)
17,15-17,45 Presentación de libros da LIX. Presenta Blanca-Ana Roig Rechou (CRPIH/USC)
17,45-18,00 Descanso
18,00-19,00 O camiño desde a literatura oral á LIX: aproveitamento didáctico para o ensino. Carmen Ferreira (CRPIH-UdC) Presenta: Verónica Pousada Pardo (Universidade de Vigo/LITER21-USC)
19,00-21,00 Taller de ilustración. Kenya Pineda e Raquel Senra (ICE/USC- CRPIH). Presenta: Carmen Franco (USC-CRPIH)
Venres 22 de novembro
Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela)
16,00 -17,15 Conversa coa escritora María Canosa. Presenta: Marta Neira (USC/CRPIH)
17,15-18,00 Participación do ilustrador David Pintor. Presenta: Mar Fernández (UVigo/LITER21-USC)
18,00-18,45 “Sentindo en feminino: A tradición oral e o texto lírico na Educación Infantil”. Proxecto do CEIP López Ferreiro. Conversa na que participan Rosa Suárez Veiga e Fátima Rodríguez Eiroa, mestras de Educación Infantil no CEIP López Ferreiro e a escritora Helena Villar Janeiro. Presenta: Cristina Trigo (ICE/USC)
18,45-19,00 Descanso
19,00-20,30 Taller “Historias que crean camiños”. Partindo da imaxinación e creación de historias por parte dos participantes, identificaranse algunhas ferramentas que favorezan a realización de experiencias significativas empregando a literatura nas aulas de infantil e primaria. María Rivera, investigadora do CONACYT (México). Presenta: Olalla Cortizas
20,30-21,00 Clausura: director da Biblioteca Afundación e directoras das xornadas. Entrega de certificacións.
Información:
Universidade de Santiago de Compostela
Instituto de Ciencias da Educación (ICE) Telf. 881814470/881814475/881814478 icesecretaria@usc.es / Marta Neira Rodríguez marta.neira@usc.es
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) oficina@aelg.org
Biblioteca Afundación biblio.santiago@afundacion.org / Telf. 981 59 34 67
Directoras
Carmen Franco Vázquez e Marta Neira Rodríguez. ICE. Facultade Ciencias da Educación (USC) /Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Coordinación e Secretaría
Carmen Ferreira Boo. Universidade da Coruña/ LIJMI/ ELOS/ Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en
Humanidades
Cristina Trigo Martínez. ICE. Facultade Ciencias da Educación (USC)
Convocaron:
Universidade de Santiago de Compostela (USC). Instituto de Ciencias da Educación (ICE). Grupo de Investigación LITER21
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega