O presente curso tivo como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos e iberoamericanos, xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita na sociedade das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs). Analízáronse estas literaturas desde un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar foi “PREMIOS LITERARIOS E DE ILUSTRACIÓN”.
Directora 
Blanca-Ana Roig Rechou 
Universidade de Santiago de Compostela 
 
Coordinación e Secretaría 
Marta Neira Rodríguez 
Escola Universitaria CEU de Maxisterio. UVigo 
Isabel Soto López 
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades 
 
Carga lectiva 
60 horas 
 
Datas de realización 
Parte virtual: do 3 de xuño ao 8 de xullo de 2013 
Parte presencial: do 9 ao 12 de xullo de 2013
Lugar 
Parte virtual:
Presentación (3 de xuño de 2013 de 9,00 a 20,30 h.)
Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos 
Parte presencial:
Biblioteca Novacaixagalicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16/ 15701 
Santiago de Compostela) 
 
Requisitos de acceso 
Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación (Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación e profesionais de bibliotecas. Calquera interesado no tema.
Matrícula 
Preinscrición: ata o 30 de abril de 2013 
Formalización: do 2 ao 31 de maio de 2013
Prezo e prazo de pagamento 
90 € 
Un único prazo 
 
Número de prazas 
125
Información 
Biblioteca Novacaixagalicia 
Telf. 981 59 34 67 
bibliofundacion@caixagalicia.es 
 
Universidade de Vigo 
Marta Neira Rodríguez 
marta.neirarodriguez@ceu.es 
 
Universidade de Santiago 
blanca.roig@usc.es 
www.usc.es/cptf 
 
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) 
oficina@aelg.org 
 
Organizan 
Universidade de Santiago de Compostela. LITER21 
Departamento de Filoloxía Galega 
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) 
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) 
 
Colaboran 
Secretaría Xeral de Política Lingüística 
Biblioteca Novacaixagalicia 
Edicións Xerais de Galicia 
Editorial Caminho 
Editorial Edebé 
Instituto Vasco Etxepare 
KALANDRAKA Editora 
Rede Temática “As Literaturas Infantís e Xuvenís no Marco 
Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI) 
Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA; Asociación de 
Antigos Alumnos e Amigos da USC. 
Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais 
Emerxentes (CIPPCE) – USC
Programa
Programa parte virtual
1. As Literaturas Infantís e Xuvenís no marco ibérico e iberoamericano. Bibliografía básica 
2. “PREMIOS LITERARIOS E DE ILUSTRACIÓN” 
2.1. Premios literarios 
2.2. Os premios no marco ibérico e iberoamericano 
2.3. Premios Andersen 
2.4. Premios Nacionais en España. 
3. Ferramentas de comunicación: foros, conversas e correo electrónico con alumnado e profesorado 
4. AVALIACIÓN a partir dun comentario sobre o material proporcionado (entregarase ao recoller o material do curso presencial) 
 
Programa parte presencial
Martes 9 de xullo 
 9.00 -10.00. Recollida do material. 
10.00-10.30. Inauguración: Director do Departamento de Filoloxía Galega, Directora do curso e Director da Biblioteca Novacaixagalicia. 
10.30-11.30. Informes dos investigadores da Rede LIXMI. 
Os premios no ámbito castelán. Jesús Díaz (ULL. España). 
Os premios no ámbito catalán. Gemma Lluch (UV. España). 
Os premios no ámbito vasco. Xabier Etxaniz (UPV. España). 
11.30-12.00. Pausa 
12.00-14.00. Informes dos investigadores da Rede LIXMI. 
Os premios no ámbito iberoamericano: Arxentina e México: Laura Guerrero (UIA.MX. México) // Brasil: João Luís Ceccantini (UNESP “Júlio de Mesquita Filho”. Brasil) // Uruguai: Liliana Dorado (Hope College. EUA). 
Os premios no ámbito galego. Eulalia Agrelo (USC. España). 
Os premios no ámbito portugués. José António Gomes (ESE. IPP. Portugal), Ana Margarida Ramos (UA. Portugal), 
Sara Reis da Silva (UMinho. Portugal). 
 
16.00-17.30. Encontro con autores premiados de fóra de Galicia: Maite Carranza (Premio Nacional), Mariasun Landa (Premio Nacional), 
 Rita Taborda Duarte (Prémio Branquinho da Fonseca). Conversa con Mar Fernández. 
17.30-18.00. Pausa 
18.00-19.30. Encontro con autores Premios Nacionais de Galicia: Paco Martín, Xabier P. Docampo, 
 Fina Casalderrey (Premio Merlín), Agustín Fernández Paz (Premio Merlín). Conversa con Eulalia Agrelo. 
19.30- 20.30. Presentación do libro: Premios literarios e de ilustración na LIX. Interveñen: Darío Villanueva, Manuel Bragado, Blanca-Ana Roig. 
20.30-21.00. Coloquio sobre as actividades do día. Modera Pilar Bendoiro. 
 
Mércores 10 de xullo
25º Aniversario da colección “Merlín”. Premio Merlín 
 9.00-11.30. Premios Merlín: Jacobo Fernández, Mar Guerra, Teresa González Costa. Conversa con Marta Neira. 
11.30-12.00. Pausa 
12.00-14.00. Premios Merlín: Agustín Agra, Marcos Calveiro. Conversa con Carmen Ferreira. 
  
16.30-18.30. Antonio García Teijeiro nas aulas. Premio Merlín. Conversa con Berta Dávila. Recital do autor. 
18.30-19.00. Pausa 
19.00-20.00. Non hai mellor premio que un verso (poemas para que nos toque a lotería). 
 Carlos Negro (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón). 
20.00-21.00. Coloquio sobre as actividades. Modera Mónica Álvarez. 
 
Xoves 11 de xullo 
9.00-11.30. A Editorial Kalandraka e os premios. Encontro cos ilustradores Federico Fernández, Pablo Otero, Ramón Trigo. 
 Conversa con Isabel Mociño e Laura Blanco. 
11.30-12.00. Pausa 
12.00-14.00. Taller de ilustración. Pablo Otero. 
  
16.00-18.30. A Literatura infantojuvenil no Plano Nacional de Leitura em Portugal. Fernando Fraga de Azevedo (UMinho. Portugal). 
18.30-19.00. Pausa 
19.00-21.00. Taller de creación literaria. Dores Tembrás (AELG). 
 
Venres 12 de xullo 
9.30-12.00. Sesión de contos e música. Equipo de animación á lectura de Kalandraka Editora. 
12.00-12.30. Pausa 
12.30-13.30. Clausura: Reitor ou representante do Reitor. Secretario Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Presidente da AELG. Directora do curso. 
13.30-14.30. Conclusións e entrega de certificacións.
		