O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é
“NARRATIVAS XUVENÍS NO SÉCULO XXI (2000-2010). TENDENCIAS E CORRENTES”.
Directora
Blanca-Ana Roig Rechou
Universidade de Santiago de Compostela
Coordinación e Secretaría
Marta Neira Rodríguez
Universidade de Vigo
Isabel Soto López
Universidade de Santiago de Compostela
Carga lectiva e número de prazas
60 horas
(2 créditos de libre configuración, non acumulativos,
para licenciaturas e diplomaturas)
Nº de prazas
125
Datas de realización
Parte virtual: Do 28 de xuño ao 31 de xullo de 2012.
Parte presencial: Do 4 ao 7 de setembro de 2012.
Lugar
Parte virtual
Inauguración: 28 xuño de 2012, de 9,00-14,30 e 16,00 a 20:30 h.
Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos.
Parte presencial
Biblioteca NovaCaixaGalicia
Frei Rosendo Salvado, 14-16
15701 Santiago de Compostela
Requisitos de acceso
Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación, Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación, profesionais de bibliotecas e calquera persoa interesada.
Matrícula
Preinscrición: Ata o 30 de marzo de 2012.
Formalización: Do 16 de abril ao 15 de xuño de 2012.
Prezo e prazo de pagamento
90 €
Un único prazo para matrícula.
Información
Biblioteca NovaCaixaGalicia
Telf. 981 59 34 67
bibliofundacion@caixagalicia.es
Universidade de Vigo
Marta Neira Rodríguez
marta.neirarodriguez@ceu.es
Universidade de Santiago
blanca.roig@usc.es
www.usc.es/cptf
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
oficina@aelg.org
Organizan
Universidade de Santiago de Compostela
Departamento de Filoloxía Galega
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Colaboran
Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades (CRPIH).
Biblioteca NovaCaixaGalicia.
Edicións Xerais de Galicia.
Rede temática “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano”.
Asociacións: ANILIJ e ELOS.
Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE)-USC.
Programa parte virtual
1. As Literaturas Infantís e Xuvenís no marco ibérico. Bibliografía básica.
2. Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes.
2.1. Estudos teóricos.
2.2. Selección de obras para o mediador.
2.3. Comentarios de narrativas xuvenís.
3. Ferramentas de comunicación: foros, charlas e correo electrónico co alumnado e profesorado.
4. AVALIACIÓN a partir dun comentario sobre o material proporcionado (entregarase ao recoller o material do curso presencial).
Programa parte presencial
Martes 4 de setembro
9,00-10,00. Recollida de material.
10,00-11,00. Inauguración: Directora do curso e Director da Biblioteca NovaCaixaGalicia.
11,00-12,00. Informe sobre docencia e investigación 2011-2012 na LIX a partir dos Informes de Literatura (CRPIH):
Carmen Ferreira Boo e Mar Fernández Vázquez (AELG/USC).
12,00-12,30. Pausa.
12,30-14,30. Os inicios da Literatura Xuvenil: Xosé Neira Vilas. Conversa con Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
16,00-18,00. A ficción científica: Ramón Caride e Anxo Fariña. Conversa con Isabel Mociño (AELG/USC).
18,00-18,30. Pausa.
18,30-20,30. Misterio e humor: Santiago Jaureguizar e Pepe Carballude. Conversa con Eulalia Agrelo (AELG/USC).
Mércores 5 de setembro
9,00-10,30. A tradución das narrativas xuvenís ao galego. Pilar Bendoiro (USC).
10,30-12.00.Técnicas tradutolóxicas nas narrativas xuvenís. Lourdes Lorenzo (UVigo).
12,00-12,30. Pausa.
12,30-14,30. Novela histórica e Guerra Civil: An Alfaya e Francisco Castro. Conversa con Marta Neira (AELG/UVigo.CEU).
16,00-18,30. Novas formas literarias: Rosa Aneiros e Marcos Calveiro. Conversa con Vanessa Ferreira da Silva (USC).
18,30-19,00. Pausa.
19,00-20,30. A construción literaria nas obras de Marilar Aleixandre e António Mota.
Conversa con Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro).
Xoves 6 de setembro
9,00-11,30. A ilustración destinada ao público xuvenil no proxecto de El Patito Editorial. Fausto Isorna e Gemma Sesar
(El Patito Editorial).
11,30-12,00. Pausa.
12,00-14,30. A fotografía como ilustración para as narrativas xuvenís. José Mª Mesías (UdC).
16,00-17,45. Informes dos investigadores da Rede sobre a LX nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco
e no ámbito iberoamericano. Conversa con Isabel Soto (AELG/USC) e Blanca -Ana Roig (AELG/USC).
17,45-18,15. Os novos portais da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes de autores de LIX: Agustín Fernández Paz (Galicia)
e Ema Wolf (Arxentina). Ramón Llorens (Universitat d’Alacant).
18,15-18,30. Pausa.
18,30-20,30. Taller de creación literaria. AELG
Venres 7 de setembro
9,00-11,00. Contos do demo. Espectáculo de narración oral. Inacio
11,00-12,00. Presentación do libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011). Manuel Bragado, Blanca-Ana Roig e Alexia Dotras.
12,00-12,30. Pausa.
12,30-13,30. Clausura
13,30-14,30. Entrega de certificados de participación. Reitor ou representación, Director do Departamento de Filoloxía Galega, Presidente da AELG, Directora do curso.