VI CURSO DE FORMACIÓN CONTINUA
AS LITERATURAS INFANTÍS E XUVENÍS IBÉRICAS.
A SÚA INFLUENCIA NA FORMACIÓN LECTORA.
A POESÍA INFANTIL E XUVENIL. SÉCULO XXI.
Vexa aquí a folla de matrícula.
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas e diplomaturas e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das tecnoloxías da información e comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é “A POESÍA INFANTIL E XUVENIL. SÉCULO XXI”.
Información
Directores
Blanca-Ana Roig Rechou
Universidade de Santiago de Compostela
Pedro Lucas Domínguez
Biblioteca Fundación Caixa Galicia
Coordinación e Secretaría
Isabel Soto
Universidade de Santiago de Compostela
Alexia Dotras
Universidade de Vigo
Carga lectiva
60 horas
(2 créditos de libre configuración, non acumulativos)
Datas de realización
Parte virtual: Do 1 ao 31 de xullo de 2009
Parte presencial: Do 7 ao 10 de setembro de 2009
Lugar:
A. Parte virtual
Inauguración: 29 de xuño de 2009, ás 13:30 h.
Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos
B. Parte presencial
Biblioteca Fundación Caixa Galicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701 Santiago de Compostela)
Requisitos de acceso
Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación (Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación e profesionais de bibliotecas, escritores e calquera interesado.
Matrícula
Formalización: Do 15 de maio ao 15 de xuño de 2009
Prezos
150 € os profesionais (135 matrícula e 15 diploma)
100 € os socios de AELG, ANILIJ-ELOS, APLLIJ, e estudantes.
Prazos de pagamento
Un único prazo para a matrícula
Número de prazas
125
Información
Biblioteca Fundación Caixa Galicia
Telf. 981 59 34 67
bibliofundacion@caixagalicia.es
Universidade de Santiago de Compostela
www.usc.es/dptf (Centro de Posgrao)
Asociación de Escritores en Lingua Galega
www.aelg.org
Universidade de Vigo
dotras@ceu.es
Organizan
Universidade de Santiago de Compostela
Departamento de Filoloxía Galega
Asociación de Escritores en Lingua Galega
Colaboran
Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades
Biblioteca Fundación Caixa Galicia
OQO Editora
Rede temática “As literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano”
Unidade de investigación “As literaturas infantís e xuvenís e a súa tradución”.
Programa parte virtual
1. As literaturas infantís e xuvenís no marco ibérico. Bibliografía básica
2. Poesía infantil e xuvenil. Século XXI
2.1. Estudos panorámicos sobre a temática
2.2. Selección de obras para o mediador
2.3. Comentarios sobre obras de: Rafael Cruz-Contarini, Miquel Desclot, Ana María Fernández, Antonio García Teijeiro, Juan Kruz Igerabide, Lalau, Álvaro Magalhaes, Xabier Olaso, Ana Pelegrín, Joana Raspall e Jorge Sousa Braga.
3. Ferramentas de comunicación: foros, charlas e correo electrónico co alumnado e profesorado
Programa parte presencial
Luns 7 de setembro
9-9,30 Recollida de material
9,30-10 Inauguración: director do Departamento de Filoloxía, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), directora do curso e director da Biblioteca Fundación Caixa Galicia.
10-11 Informe sobre docencia e investigación 2009 na LIX.: Isabel Mociño e Marta Neira.
11-11,15 Pausa
11,15-12,45 Taller de poesía. Antonio García Teijeiro
12,45-14,00 Encontro cos poetas Antonio García Teijeiro e Ana María Fernández. Modera: Eulalia Agrelo.
16,30-18,30 Recital poético musical de poetas do marco ibérico: Xosé María Álvarez Cáccamo, Xoán Babarro, Marica Campo,
18,30-19 Pausa
19,00- 21,00. Encontro con Juan Kruz Igerabide (poeta vasco) e João Pedro Mésseder (poeta portugués). Modera:
Martes 8 de setembro
9,30-11,30 Poesía de transmisión oral: Antón Cortizas, Manuel Rico e David Otero. Modera Xavier Senín.
11,30-12,00 Pausa
12,00-14,00 Literatura e música. Construción de Contos en cantos. Explicación e resultados. OQO Editora.
16,30-18,30 Recursos poéticos, poesía e música na aula. Alexia Dotras.
18,30-19,00 Pausa
19,00-21,00 Taller Plástica: PoeMAR: poesía experimental, Uxía Acuña Abalde.
Mércores 9 de setembro
9,30-11,30 A poesía no portal Cervantes. Ramón Llorens.
11,30-12,00 Pausa
12,00-14,00 Poesía e ensino primario coa intervención Xoán Babarro e Helena Villar. Modera: Eulalia Agrelo.
16,30-17,45 Mesa de investigadores: a poesía no marco ibérico. Presenta: Blanca-Ana Roig.
17,45-18,15 Pausa
18,15-19,30 Poesía e tradución (problemas tradutolóxicos). Celia Vázquez
19,30-21,00 Poesía e práctica para o ensino secundario. Taller con obras traducidas. Carlos Negro.
Xoves 10 de setembro
9,30-11,30 Taller sobre a elaboración de regueifas. Luis, “O Caruncho” e Pinto D’Herbón.
11,30-12,00- Pausa
12,00-13,00 Presentación do libro: A poesía infantil. Século XXI. Interveñen: Manuel Bragado,
13,00-14,30 Clausura e entrega de Certificacións de participación. Reitor ou representante do Reitor, director do Departamento de Filoloxía, Presidente da AELG, director da Biblioteca Fundación Caixa Galicia e directora do curso.