Celebrouse o pasado 31 de marzo e 1 e 2 de abril o II Congreso de Escritores en Lingua Galega, baixo o lema "Pola unión ". Ao mesmo asistiron uns 40 traballadores da escrita na Galiza, así como escritores doutras culturas como Ramón Etxezarreta. Txema Aranaz, Fernando Pascual e Viale Moutinho.
A xornada inaugural no Hotel Husa tivo lugar na tarde do venres e participaron nela Lois Diéguez e Uxío Novoneyra en nome da AELG, así como Bonifacio Borreiros pola Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta e Vicente Quiroga como alcalde da cidade anfitrioa.
Na primeira sesión de traballo, ese mesmo venres, expuxeron os seus relatorios Xoán Manuel Carreira, "Consideracións sobre a lexicografía musical" e Xavier Alcalá "Do teclado ao fotolito".
O sábado comezou a xornada de traballo as 10 da mañá cunha mesa redonda na que se incluían as achegas de Antón Risco, Miguel Sande, Isaac Alonso Estravís e Pilar Vázquez Cuesta sobre "Lingua e Literatura, "A Iiberdade do escritor", "O lusismo en Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao" e "O perigoso canto da serea". Durante esta mesa redonda suscitouse o debate entre a normativa oficial para o galego e a postura defendida polos reintegracionistas, chegándose á conclusión de defender a liberdade de opción para expresarse en galego, evitando que os escritores se sintan presionados á hora de crear cando sentan nunha mesa. Pediuse que esta liberdade sexa respectada por institucións e editoriais.
Logo do debate, que se prolongaría na tarde, abondando aínda máis nos referidos aspectos, os escritores foron recibidos no Concello de Lugo polo alcalde, e dirixíronse a Mondoñedo, onde realizaron unha visita á catedral e depositaron flores sobre as tumbas de Leiras Pulpeiro, Lence Santar, Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro.
O domingo. último día do Congreso, as sesións de traballo iniciáronse ás 10 da mañá, intervindo nos relatorios Lois Diéguez, Francisco Rodríguez e Xosé Lois García, os cales fala ron respectivamente sobre "Cultura e institucións públicas", "Actualizar os precursores” e "Aproximacións a unha alternativa da AELG no interior da Galiza”.
A clausura tivo lugar ás seis da tarde, léndose as 15 conc1usións acordadas ao longo dos tres días de traballo.
A amizade e cordialidade existente entre os participantes, así como a intencionalidade de cumprir o lema "Pola Unión" conseguiron que isto fose máis que un proxecto e se convertese en realidade . Aínda asistindo escritores das dúas tendencias, o respecto entre eles e a firmeza de que o acordado poda supor un novo xiro na presión que desde a AELG se mantén para que se consiga un ar democrático e libertario entre o colectivo dos creadores e as institucións e editoriais.
O II Congreso de Escritores en Lingua Galega pode supor máis do que unha simples reunión, pode supor que esa unión e esa liberdade se convertan na bandeira para que os escritores na Galiza non se sintan presionados á hora de crear, que non teñan que pensar cal ten que se a normativa que teñen que utilizar ou non para que os seus libros saian á rua.
[Crónica de Lino Braxe en A Nosa Terra, n. 381, 6 de abril de 1989]
CALENDÁRIO E ORDE DO DIA DO II CONGRESO DE ESCRITORES EN LÍNGUA GALEGA
DÍA 31 DE MARZO, VENRES.
Até as 18 h. Recepción dos congresistas.
19,00 h. Apertura.
20/22 h. Sesión de traballo.
22 h. Cea.
DÍA 1 DE ABRIL, SÁBADO.
10/12 h. Sesión de traballo.
12/12,30 h. Recepción no Concello de Lugo.
13 h. Saída para Mondoñedo.
14 h. Ofrenda floral no Cimetério de Mondoñedo aos escritores ali enterrados.
15 h. Xantar.
16,30 h. Visita a Mondoñedo.
17,30 h. Saída para Lugo.
19,30 h. Sesión de traballo.
22,30 h. Cea.
DÍA 2 DE ABRIL, DOMINGO
9/11 h. Sesión de traballo.
11 h. Visita á cidade de Lugo.
14 h. Xantar.
16 h. Conclusións do Congreso.
18 h. Clausura.
• Tódalas sesións de traballo e actos serán no Hotel Lugo-Husa.
• Os desprazamentos realizaranse en autobus.
EXPOSICIÓN E DEBATE DAS PONENCIAS
31 DE MARZO.
20 a 22 h.
Xoan Manuel Carreira, «Consideracións sobre a lexicografia musical».
Xavier Alcalá, «Do teclado ao fotolito».
1 DE ABRIL.
10 - 12 h. /19 - 22,30 h.
Antón Risco, «Língua e Literatura».
Miguel Sande, «A liberdade do escritor».
Isaac Alonso Estravís, «O lusismo en Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao».
Pilar Vázquez Cuesta, «O perigoso canto da serea».
• Estas catro ponéncias expoñeranse nunha Táboa Redonda.
Francisco Rodríguez, «Actualizar os precursores».
2 DE ABRIL.
9 - 11 h.
Lois Diéguez, «Cultura e Institucións públicas».
Xosé Lois Garcia, «Aproximacións a unha alternativa da AELG no interior de Galicia».