Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Terán lugar estes tres encontros:
- Lugo. O 22 de outubro, na Aula 29 da Facultade de Formación do Profesorado (Campus Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Rocío García-Pedreira.
- Santiago. O 2 de novembro, na Aula 12 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conferencia A literatura infantoxuvenil galega e as aulas. A escrita de Xosé Neira Vilas, por Armando Requeixo, presentado por Carmen Ferreira Boo.
- Santiago. O 3 de novembro, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Marta Neira Rodríguez.
Nos tres casos, a entrada será libre até completar a capacidade.
