A AELG participa nesta actividade en colaboración coa Universidade da Coruña ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua

Chegou unha nova edición das Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, baixo o título de A creación de Monstr3s. Un percorrido pola cadea do libro.

A actividade tivo lugar o venres 24 de outubro, ás 19:30 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André 36, 1º, A Coruña). Desde a Universidade da Coruña colaboraron con esta actividade as profesoras Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente.

O obradoiro-coloquio contou coa presenza de:

- Laura Parrula.

- Óscar Villán.

A entrada foi libre e gratuíta.