O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño, Carla Míguez e María González Cerdeira (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense - Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 9, 16, 13 e 30 de outubro de 2025, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
A inscrición é de balde e pode facerse aquí.
Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.
O programa é o seguinte:
9 de outubro
Inauguración
Xeografía do imaxinario
16 de outubro
Quen c@nta o mal espanta
23 de outubro
Contar a vida. A identidade e a memoria
30 de outubro
Luís Prego
Prende no colo. Recitados e cantigas de tradición oral para a cativada