Do 7 de outubro de 2020 ao 4 de novembro de 2020
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense - Universidade de Vigo).

Desenvolveuse os mércores 7, 14, 21 e 28 de outubro e o 4 de novembro, sempre ás 18:00. Dado o amplo interese suscitado, as conferencias foron retransmitidas a través do campus remoto da Universidade de Vigo e posteriormente publicadas na páxina web da tvUvigo, como se vén facendo desde a primeira edición do Ciclo.
 

OBXECTIVOS ACADADOS

• Desenvolvemento de coloquios con creadoras/es que destacan pola súa produción infantil na que se abordan temáticas consideradas durante moito tempo temas tabú.

• Divulgación de experiencias e producións literarias que inciden no tratamento destas temáticas.

• Reforzamento das carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa literatura infantil na etapa da Educación Infantil e Primaria.

• Fomento da alfabetización visual entre o alumnado, mediadores e público en xeral, facéndonos conscientes da relevancia de saber ler coa mirada e interpretar as imaxes.

• Visibilización da produción e potencialidades da literatura infantil, con especial relevancia dos criterios de selección coherentes e de calidade.

• Posta en valor do papel dos docentes e da escola como dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

 

PROGRAMA

O ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil “Sen tabús. Ler para pensar” acolleu, na súa sexta edición, cinco conferencias/coloquios cunha frecuencia semanal ao longo do mes de outubro e a primeira semana de novembro de 2020. Estas sesións complementáronse cunha modalidade non presencial de 5 horas de duración na que as persoas participantes traballaron ao redor de propostas para o fomento da lectura ao redor de temáticas tabú e dende unha perspectiva de alfabetización visual, propiciando así a reflexión ao redor dos contidos abordados nas conferencias/coloquios. O ciclo foi recoñecido como 15 horas lectivas, equiparables por 0,5 créditos de libre elección para o alumnado matriculado na Facultade de Educación e Traballo Social. Dada a actual situación de pandemia tivo que renunciarse á presencialidade pola limitación de aforos e a alta demanda de persoas inscritas. É por iso que a presenza nesta edición nos medios escritos de prensa se viu moi reducida, pero non así nas redes sociais, onde tivo unha presenza máis forte. É de salientar tamén o interese do chat da aula e do streaming do campus remoto, que serviron para dinamizar o debate, a reflexión e aquelas cuestións que o numeroso público asistente considerou oportuno trasladar aos convidados en cada unha das sesións celebradas.

 

Máis en concreto, o programa, que tamén pode ser descargado nesta ligazón, foi o seguinte:

 

7 de outubro

Fina Casalderrey

Fórmula máxica para derrubar valos



Crónica videográfica:

- Apertura do Ciclo. Con Xosé Manuel Cid Fernández, Decano da Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo, aquí.

- Intervención de Isabel Mociño, coordinadora do Ciclo, aquí.

- Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, aquí.

- Intervención de Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, aquí.

- Intervención de María Esther de Blas, cerreitora do Campus de Ourense, Universidade de Vigo, aquí.

- Presentación de Fina Casalderrey, por Isabel Mociño, aquí.

- Intervención de Fina Casalderrey, aquí.

- Rolda de preguntas, aquí.

 

14 de outubro

An Alfaya

Desbotando tabús. Ler: eu imaxino, viaxo, soño, emociónome, penso, sinto e vivo. E ti?

 

Crónica videográfica:

- Presentación de An Alfaya, por Isabel Mociño, aquí.

- Intervención de An Alfaya, aquí.

- Rolda de preguntas, aquí.

 

21 de outubro

Xavier Estévez

Escrito na marxe

 

Crónica videográfica:

- Presentación de Xavier Estévez, por Isabel Mociño, aquí.

- Intervención de Xavier Estévez, aquí.

- Rolda de preguntas, aquí.

 

28 de outubro

María Canosa

LIX tamén é Lanzadeira de Ideais Xustos

 

Crónica videográfica:

- Presentación de María Canosa, por Isabel Mociño, aquí.

- Intervención de María Canosa, aquí.

- Rolda de preguntas, aquí.

 

4 de novembro

Marcos Viso

O equilibro poliédrico ou a arte de escribir con imaxes

 

Crónica videográfica:

- Presentación de Marcos Viso, por Isabel Mociño, aquí.

- Intervención de Marcos Viso, aquí.

- Rolda de preguntas, aquí.