Ledicia Costas, Yolanda Castaño, Carlos Negro, María Lado e Esther Carrodeguas ofreceron os martes de outubro cadansúa intervención, sempre a partir das 18.00 e na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, reflexionando sobre a lectura como ferramenta para a equidade nesta cuarta edición do ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense - Universidade de Vigo).
Entrada libre.
A actividade, aberta ao público en xeral, contou nesta cuarta edición con cinco creadoras e creadores que desenvolveron conferencias-coloquios ao redor da súa perspectiva da lectura para formar unha cidadanía máis crítica, xusta e consciente das necesidades das persoas.
Ledicia Costas, María Lado, Yolanda Castaño, Carlos Negro e Esther F. Carrodeguas estiveron de modo consecutivo os martes de outubro. Todas elas abordaron as potencialidades da lectura desde diferentes perspectivas, incidindo na necesidade de fomentar os hábitos lectores entre os máis novos e de transmitir valores de equidade, respecto e xustiza.
Estas foron as palabras de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, no acto de inauguración.
2 outubro | Ledicia Costas | Luces e monstros, da realidade á fantasía
9 de outubro | María Lado | Como pode a literatura cambiar (un pouco) a túa vida
16 de outubro | Yolanda Castaño | Chaves en letra miúda
23 de outubro | Carlos Negro | Versos para especies diversas (menú de aula)
30 de outubro | Esther F. Carrodeguas | Cambiar coas palabras
30 de outubro | Esther F. Carrodeguas | Cambiar coas palabras
Velaquí os vídeos coas diversas intervencións da sesión inaugural, que debemos agradecer a UVigo TV: