O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil “A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade” desenvolveuse na Sala Multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades do Campus de Ourense entre os días 19 de outubro e o 9 de novembro.
Contou con dúas mesas redondas e dúas conferencias, nas que se abordaron aspectos relacionados coa docencia da Literatura Infantil e Xuvenil en Educación Infantil e Primaria, en especial os roles de xénero e o papel preponderante das/dos docentes cara a unha educación en valores e a consecución dunha sociedade máis igualitaria.
O programa foi o que segue:
19 de outubro
Inauguración
A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero
- Antón Cortizas (mestre e escritor)
- Antonio Reigosa (escritor e estudoso da tradición oral)
26 de outubro
A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras
- Fina Casalderrey (mestra e escritora)
- Helena Villar Janeiro (mestra e escritora)
3 de novembro
Oralidade e dramaturxia infantil. Das nais ás mestras
- Paula Carballeira (contacontos, actriz e escritora)
9 de novembro
A poesía infantil. Música dende o colo materno
Clausura
- Antonio García Teijeiro (mestre e poeta)
Estes son os vídeos do ciclo, gravados por http://tv.uvigo.es/
A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero.
|
A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero. Inauguración
19 de Outubro de 2015
Antón Cortizas
Mestre e EscritorAntonio Reigosa
Escritor e estudoso da tradición oral |
|
A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero. Intervención de Antonio Reigosa
19 de Outubro de 2015
Presenta: Antonio Reigosa
Escritor e estudoso da tradición oralModera Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo. |
|
A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero. Intervención de Anton Cortiza
19 de Outubro de 2015
Presenta: Antón Cortizas
Mestre e EscritorModera Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo. |
literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras
|
Presentación dos relatores. Helena Villar Janeiro y Fina Casalderry
26 de Outubro de 2015
Presenta: Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo. |
|
Literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras. Intervención de Helena Villar Janeiro
26 de Outubro de 2015
Presenta: Helena Villar Janeiro
Mestra e EscritoraModera Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo. |
|
literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras. Intervención de Fina Casalderrey
26 de Outubro de 2015
Presenta: Fina Casalderry
Mestra e creadoraModera Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo. |
|
Literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras. Debate
26 de Outubro de 2015
Modera Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo.Helena Villar Janeiro
Mestra e EscritoraFina Casalderry
Mestra e creadora |
A poesía infantil. Música dende o colo materno
|
A poesía infantil. Música dende o colo materno. Clausura
09 de Novembro de 2015
Presenta: Antonio García Teijeiro
mestre e poetaModera Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo. |

Na primeira sesión, “A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero”, os mestres e escritores Antón Cortizas e Antonio Reigosa reflexionaron co público asistente sobre a relevancia que as mulleres teñen na transmisión de coñecementos e modelos culturais ás novas xeracións, especialmente a través da súa función como nais e educadoras. Tamén repasaron personaxes femininas da tradición oral como Carapuchiña Vermella, Pepa a Loba, a costureira... para incidir na concepción misóxina que se foi impondo na sociedade occidental. Antonio Reigosa fixo un repaso polo labor de recuperación dos materiais de transmisión oral e a súa fixación na escrita; mentres que Antón Cortizas incidiu nas cualidades que deben caracterizar un/unha bo/boa docente, as cales recolleu nun decálogo, no que salienta o respecto e amor polo labor de mestre/a.
Na segunda sesión, “A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras”, Fina Casalderrey e Helena Villar Janeiro fixeron un repaso polo labor que ao longo do último século desenvolveron as mulleres na escola, dende a autora do primeiro método de ensino en Lingua galega, Josefa Iglesias Vilarelle, ata os últimos anos da ditadura franquista, nos que elas como docentes se viron obrigadas a crear materiais para o seu alumnado, dada a total ausencia deles para o ensino en lingua galega; e como nais, para os seus propios fillos. Tamén se incidiu, especialmente Helena Villar Janeiro, na importancia que a escola ten para achegar nenos e nenas á poesía, xénero fundamental na formación académica e na adquisición da linguaxe, para o que lle ofreceu aos asistentes un decálogo que deberían ter como referente na súa práctica docente. Pola súa parte, Fina Casalderrey, dende un punto de vista máis subxectivo, emotivo e persoal, achegou a súa visión das múltiples facetas que o labor docente require.
A terceira sesión, “Oralidade e dramaturxia infantil. Das nais ás mestras”, Paula Carballeira desenvolveu unha intensa sesión na que puxo de manifesto a relevancia da voz feminina na transmisión de coñecementos e contidos culturais, así como o paradoxo que se dá na actualidade no referido á profesión que recolle unha parte deste legado, a de contacontos, a cal está maioritariamente representada no plano público por homes. Reivindicou a necesidade de recuperar a oralidade ante os máis novos, o diálogo e a visibilización do patrimonio cultural inmaterial, que leva de modo natural dende os contos á dramaturxia. Estabeleceu un intenso diálogo entre ambos xéneros e mantivo ao público absorto coa súa capacidade de oratoria, de motivación e expectación constante, rematando a sesión cun conto no que se condensa a metáfora do que é aprender a aprender e descubrir as bases da nosa cultura oral.
Por último, na sesión de “A poesía infantil. Música dende o colo materno”, Antonio García Teijeiro aproximou a poesía ao público asistente, arrastrouno a ler poemas e a perder o medo e resistencia que os/as docentes amosan por falta de formación ante este xénero literario. Explicou múltiples vías para chegar á poesía, recursos para os diferentes niveis educativos e técnicas para comezar a ler e traballar coa lírica nas aulas, amais de recomendar algúns manuais de uso ineludible, nos que se recollen os resultados dalgunhas experiencias postas en marcha por el mesmo.
Por todo o sinalado, consideramos que os obxectivos marcados para este Ciclo, que eran, lembramos:
• Achegarlle ao alumnado e público en xeral a experiencia de creadoras/creadores galegas/galegos da literatura para os máis novos;
• Dar a coñecer as súas traxectorias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega entre os futuros docentes da Educación Infantil e Primaria, fundamentalmente, por careceren nos seus currículos académicos de materias específicas neste terreo;
• Desenvolver as mesas/conferencias ao redor de cada un dos xéneros canónicos (narrativa, poesía e literatura dramática) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes, coa percepción que dende a investigación e a crítica se ten desta produción;
• Tomar conciencia entre o alumnado e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan a transmisión de valores igualitarios;
• Visibilizar a importancia de coñecer a literatura que terán que transmitirlle ao seu alumnado no futuro para ter criterios de selección coherentes e baseados no coñecemento da evolución histórica desta produción;
• Facerlles ver a importancia fundamental que teñen os docentes e a escola como dinamizadores, programadores e normalizadores culturais;
• Partillar co alumnado a experiencia das creadoras/creadores convidadas/os, dado que en moitos casos dedicaron a súa vida á docencia;
foron conseguidos porque con estas actividades se lle ofreceu aos futuros docentes e público en xeral asistente (que representou unha porcentaxe importante en cada sesión) a oportunidade de formarse e informarse sobre aspectos relevantes da produción cultural, ademais de facelos conscientes da importancia da literatura para a infancia e xuventude, aspecto practicamente ausente dos currículos académicos, malia ser a literatura base que terán que manexar e dominar no seu futuro como mediadores. Ademais, a través das diferentes mesas e conferencias visibilizouse a creadoras e creadores fundamentais do sistema literario infantil e xuvenil galego, recoñecidas/os tanto a nivel nacional coma internacional polas súas obras, pero aos que a maior parte do público asistente ignoraba por completo, demostrando a carencia de coñecementos que deberían ser básicos para a formación de profesionais que están chamados a ser os transmisores/formadores das xeracións máis novas.
Público asistente: en cada sesión participaron unha media de 80 alumnas/os das materias de Didáctica de Lingua e Literatura: galego e español (Grao de Educación Primaria); alumnado de Educación Infantil que asistiu por interese na temática; mestras en activo que quixeron escoitar as autoras/es presentes; alumnado do Ciclo de Educación Infantil; e público en xeral sen vinculación coa universidade. Polo tanto a media de asistencia superou en todas as sesións as 100 persoas, o que supón un cómputo global de todas as sesións do Ciclo de máis de 400 persoas.
Resultados: os resultados desta actividade son múltiples. Por un lado queda a experiencia dos diálogos e conversas con escritoras e escritores, a interacción durante as sesións, as reflexións e postas en común sobre as liñas temáticas que se foron desenvolvendo; por outro, o alumnado da materia de Didáctica da Lingua e Literatura: galego están a traballar, baixo a coordinación e supervisión da docente da materia (Isabel Mociño González) cunha ampla selección de obras destes creadores e creadoras, das que están elaborando propostas didácticas para a súa aplicación nas aulas de Educación Primaria. Esta selección de actividades didácticas publicarase cara a finais de ano en formato e-book, de modo que se poida difundir a través de diferentes plataformas entre todas as persoas interesadas.