2003

  28 de xuño
    Homenaxe "O escritor na súa terra" a Xosé Fernández Ferreiro.
     
 

A homenaxe "O Escritor na súa Terra" que cada ano impulsa a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou neste ano 2003 á súa IX edición, recaendo nesta ocasión e por decisión unánime na figura do sobranceiro escritor Xosé Fernández Ferreiro, un dos máis insignes e recoñecidos narradores da Historia da Literatura Galega, a quen se lle concedeu a "Letra E", máximo galardón da AELG, o día 28 de Xuño, nunha homenaxe que conforma xa unha tradición na traxectoria da nosa entidade; unha homenaxe múltiple e popular no marco da vila natal do autor, Nogueira de Ramuín (Ourense), que foi quen de concitar a maior e máis diversa participación tanto entre os seus conveciños coma entre intelectuais de todo o país.

Programa de actos:

  Plantación dun Acivro (Árbore do Escritor) e descubrimento dunha pedra escultórica adicada ao homenaxeado na Praza Maior de Luíntra ás 12:00 hs.
  Inauguración oficial dunha área recreativa co nome de Xosé Fernández Ferreiro.
  3. Acto oficial de entrega da "Letra E" (escultura do artista Moncho Amigo) a Xosé Fernández Ferreiro na Casa do Concello, despois dunha laudatio pronunciada polo escritor Manuel Álvarez Torneiro no Salón de Plenos.
  Recital poético dos antigos compoñentes do grupo poético Brais Pinto, coa participación de: Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Bautista Álvarez, Cesar Arias e Herminio Barreiro.
  Xantar de confraternidade, aberto a socios da AELG, veciños de Nogueira de Ramuín e demáis persoas interesadas, no Restaurante Olegario ás 14:00 hs.
  Paseo en catamarán polos fermosos canóns do Río Sil.
 
[volver ao índice de actividades]   [arriba]