Lois Pérez: Que parte lle gustaba máis de zoquear a vostede? Que eraaa de todo de todo ese proceso?
Germán Anllo Falcón: Eu afurábaas. O Bernardo facíaas por fóra, e eu por dentro.
Lois Pérez: Quen as facía por fóra?
Germán Anllo Falcón: O Bernardo.
Lois Pérez: O Bernardo.
Germán Anllo Falcón: I eu facíaas por dentro, os trades e as alegres. Non sei se sabe que é eso? Pero...
Lois Pérez: Que que son os trades i as alegres?
Germán Anllo Falcón: As alegres?
Lois Pérez: Si. Conte, conte.
Germán Anllo Falcón: As alegres eran un chisme (Incomprensíbel) tiñan e despois tiñan aquí aquí tiñan un chisme así, e ibas do arredor e íbaselle sacando o que non salía coa co trade e mais cunha que lle chamaban a gubia, facías así sacáballe o máis gordo; despois pa pa a alegre quedaba o máis o máis o máis sencillo se non, Dios me libre! Ao estar debaixo do arredor e.
Lois Pérez: Bueno, ben.
Germán Anllo Falcón: Era era un traballo mui duro.
Lois Pérez: Si. Cantas horas ao día botaba zoqueando?
Germán Anllo Falcón: Ai, botaba de desde pola mañá hasta a noite, botaba todo o día! E logo que había facer!
Autor/a da transcrición: e~xenio