Lois Pérez: E ás feiras?
Germán Anllo Falcón: Ás feiras cando tíñamos levábamos ás feiras, vendíamolas en Castro. Alí en Castro (xuntábanse) moitas zocas. Viña un un señor cun camioneto pequeno, un tra/ un tratante que era do do lado de de Adai, e por aí, de do Corgo e por aí, buf, que sei as que levaba! Tra-tataba nelas.
Lois Pérez: Si, si.
Germán Anllo Falcón: Un negocio caralludo pra el.
Lois Pérez: Home, claro.
Germán Anllo Falcón: Pagábaas en pouco e revendíaas como podía, e claro.
Nas casas facíanse con con á medida do pé do do fulano, e as que iban pa feira iban como cadraba. E iba viñan as mulleres e os homes metían os pés e si eran ben pois xa tratabas, ao millor pedíaslle moito e non chas, non chas compraban, pero viñan outros, bueno, era así.
Lois Pérez: Había moita rivalidade entre os zoqueiros?
Germán Anllo Falcón: No no había rivalidá, éramos...
Lois Pérez: Ou érades máis eran máis, bos compañeiros?
Germán Anllo Falcón: Íbamos á feira, comíamos nas fondas, eee bueno, moi ben, pasábamolo ben o que pasa que, tempos antiguos.
Lois Pérez: I o dia de feira había que estar a ao que había que estar, non se podía distraer moito, ou había tempo tamén pa distraerse?
Germán Anllo Falcón: Había había un coche de aquí de Muimenta había que ir nel ou andando. E logo que habías facer! E levabas as zocas, o saco de zocas e vendíalas e si non as vendías, quedábache pa outra feira, todas, vamos, algunhas vendíanse sempre.
Interveniente: Daquela a feira era todo o día, ou?
Germán Anllo Falcón: Era todo o día.
Interveniente: Si.
Germán Anllo Falcón: Si, a feira era acolá atrás, alí.
Lois Pérez: E bota algo de menos todo todo iso? Bota algo de menos ese tempo deee de facer as zocas i de ir á feira?
Germán Anllo Falcón: Nooo porque, eu eu estaba contento con eso porque me gustaba, eee e pasábalo ben.
Autor/a da transcrición: e~xenio