Germán Anllo Falcón: Xa que saliu o conto da folla. Érache dous dous dous señores que estaban a pé dun árbol, nun castaño moi grande, eee e un era vello i outro era novo, e estaban alí charlando, e caía unha folla que outra, e díxolle o novo ao vello: ‘Mira, caen as follas”. E dixo: “Si, pero do medio das secas tamén hai algunha verde!".
Interveniente: Pa que entendera.
Germán Anllo Falcón: Pa que entendera.