Sempre me gustaron as historias vencelladas co mar, especialmente as que contaban as xentes. No? Eso que chamamos tradición oral, i encantábame falar cos percebeiros, sobre todo con Milucho Mariñas porque era unha persona que lle tiña nome a cada tres, catro metros de costa. Non? Esa marabillosa toponimia marítima, esa talasonimia, e tamén estaba a outra parte magnífica de falar cas experiencias e cos buzos do Club do Mar que contaban, narraban dunha maneira fermosísima pois todas as anécdotas e historias e incluso os obxetos que atopan e,e,e de naufraxios i dos propios pecios. No? Digamos que aí empezou esa semente que prendeu en min e,e,e principalmente sobre o tema dos naufraxios, algo que se convertiu non en obsesivo pero si en algo que ao final se convertiu nunha das maiores afeccións da miña vida, i curiosamente no ano 1986 cae nas miñas mas un libro marabilloso, unha verdadera alfaia que é Costa de la Muerte. Historia y anecdotario de sus naufragios que foi escrito no ano 1980 polo mestre de Camelle José Baña Heim, i aí realmente a miña vida muda, con catorce anos entro noutra dimensión, é unha persona que narra como era a Costa da Morte dunha maneira magnífica, fabulosa, con unhas historias de naufraxios e,e,e que eu pensei non escoitar e,e,e nin, nin crer na miña vida i, a partir de aí, pois, digamos que empezo,o,o a dar os primeiros pasos na escrita, i a partir do ano 1998 pois empezo a publicar, principalmente, ata o de agora son sete libros, seis deles monográficos sobre a historia marítima de Galicia i, i os seus naufraxios
Autor/a da transcrición: e~xenio