Morreulle o burro do Copas
de unha enchente de grasa
comeulle un bidón enteiro
que encontrou eilí na casa
O Copas quíxoo salvar
con muito medicamento
pero non o pudo lograr
pola grasa que tiña dentro
A madre dícelle ao Copas
o burro vaiche morrere
non gastes máis diñeiro á tola
non hai nada que facer
I a caminata que levou
cuando o trouxo por Vilerello
i ahora o desgusto que levou
solo lle queda o aparello
A Carmiña da (cuciña)
iba eilí a facer faena
como tamén o conocía
tamén lle deu muita pena
Manuel de baixo do Pando
tocoulle a peor ración
sacalo da corte arrastrándoo
e levalo ao cameón
I o traballo do cameón
pudíano haber aforrado
se aproveitaran a ocasión
tiñan o lobo eilí ao lado
I ahora o Copas sube a San Martín
no seu coche sin carné
o Manuel, o Pascualín
terá que subir a pé
Ahora o Copas reñe co Suso
porque era o que estaba na casa
ahora firma tú a defunción
senón guardaras a grasa
E Suso tamén se enfadou
e tamén lle pareceu mal
eu non che firmo a defunción
dille que cha firme Vidal
E pouca suerte tuvo o Copas
cos dous burros que comprou
un morreu dunha enchente de grasa
i outro se lle acidentou
Iba o Julio de prisas
o burro saliu de repente
como iban mui deprisa
tuveron un acidente
O burro salíu de repente
do camiño da labrada
e Julio deulle de frente
xa non pudo facer nada
O coche dobloulle o capó
e desplazou o radiador
o burro deixou eilí a sangre
[a]índa lle pasou peor
I eu non sei mui ben o que pasou
porque o tein mui en secreto
pero co porrazo que levou
non pode estar mui contento
E debéronse arreglar
entre o Copas e Julio
pero non queren aclarar
que é o que lle pasou ao burro
Non sei mui ben que lle fixeron
nin siquiera quen o aparta
non sei se foi pre C'reixedo
ou se foi pre Santa Marta
O Copas non solta prenda
non quer dar esplicación
ahora quen queira levarlle flores
non saben a direción
Autor/a da transcrición: e~xenio