Para escribir Ser cetáceo, un libro que desde aquí, que a través dos océanos dialoga con todo o mundo, tuven que viaxar, tuvemos que viaxar Maribel i eu. E,e,e fomos á, á Patagonia arxentina, Porto Madryn, estivemos en Azores, fumos a Islandia, fumos ao deserto do Sahara porque hai un lugar, Wādī-Al-Ḥītān, a 150 quilómetros ao sur de Exipto donde se corservan varios miles de fósiles de basilosaurios que é un dos antecedentes dos cetáceos conocidos ahora, un punto intermedio da evolución deses animales, que deixaron de ser terrestres e pasaron á auga, aos cetáceos que coñecemos hoxe.
Unha das viaxes, eu creo que máis bonitas, foi a que fixemos a Nova Inglaterra. Nova Inglaterra e,e,e foi un lugar fundamental na economía dos Estados Unidos. Fundamentalmente, tres portos: o porto de New Bedford, o porto de Nantucket e e,e,e tamén Brooklyn. Aí os cuáqueros chegan a descubrir que unha sustancia que ten o cachalote dentro de si, e que ten moito, e,e,e porque un cachalote, aquí teño un cachalote, a cabeza do cachalote sería dous tercios de cachalote, e nesa cabeza enorme de cachalote hai unha unha sustancia que se chama espermaceti porque na textura parécese ao esperma humano. Pero eles descubriron que tiña unha capacidade lumínica que nada do coñecido ata entón igualaba no mundo. Entón, empezaron a lanzar barcos por todos os océanos perseguindo cachalotes para conseguir espermaceti, e eles chegaron a alumear, praticamente, todas as capitais dos imperios do mundo: Lisboa, Madrid, París, Londres, Berlín, Roma, Varsovia, Viena, San Petersburgo. E montaron o gran negocio que dá lugar a novelas como Moby Dick. Eran os barcos, había más de trescentos barcos recorrendo os océanos do mundo, sobre to/ fundamentalmente o Pacífico Sur e o Índico, e perseguindo cachalotes.
Tuvo tanta importancia e,e,e a, a, esta, esta, esta industria que decidiron e,e,e montar un porto intermedio, que era Honolulu, donde os barcos que cazaban e que pasaban tres, catro, cinco anos en altamar, podían reparar, podían descargar e podían abastecerse para non ter que regreasar aos portos de,e,e de Nova Inglaterra.
A novela de Moby Dick, Ismael empeza a súa viaxe en New Bedford, chega a Nantucket i, aí, xa se embarca no Pequod, no barco no que vai a viaxar por, perseguindo a balea branca e seguindo a tolemia de,e,e de Ahab, do capitán. No? E,e,e quizais, poderíamos afirmar que as bases do imperio americano como economía son tres basicamente: o gando, que percorría todas as llanuras e toda e,e,e cruzaba Estados Unidos de norte a sur e de, e de oeste a leste para chegar a Chicago que era onde estaba o mercado da carne. No? O ouro, fundamentalmente o ouro das Dakotas e o ouro de California e, logo, o espermaceti porque era e,e,e era enerxía, o espermaceti era a enerxía, era a luz.
Eles conseguiron e,e,e transformar un pouco a vida e, sobre todo, das cidades a través de, do espermaceti. Logo, foron eles tamén os que descubriron o petróleo en Oklahoma, e cando descubriron o petróleo, decatáronse de que había unha sustancia, na propia terra, que era menos arriscada e máis doada da, de, de estraer, que tiña máis capacidade lumínica aínda que o espermaceti, i, aí, xa montaron todo o imperio arredor do petróleo.
Autor/a da transcrición: e~xenio