Os cetáceos en la evolución das especies son unha espe/ son un tipo de animais mui singulares porque tódolos mamíferos, tódolos reptís, tódalas aves, a maior parte, agás os animales que viven no mar, procedemos do mar e medramos na terra. O cetáceo era un animal terrestre que nun momento da evolución decidiu que non quería seguir vivindo en terra e volveu ao mar. Eso sucedeu hai algo máis de cen millós de anos e,e,e e era un animal pequeno, en principio, pero no desenvolvemento marino foron atopando, buscando formas que lle permitisen navegar ben, cambiaron a súa morlo/ morfoloxía, e habituáronse so mar.
Hai dúas grandes ordes de cetáceos: cetáceos con barbas, que son tódalas baleas, estas que vemos aquí, son baleas con barbas ou misticetos, e cetáceos con dentes que son, algúns, todos estos son cetáceos con dentes que son os odontocetos. E,e,e misticetos, aproximadamente, debe haber doce especies; e,e,e odontocetos hai máis de setenta.
Aquí temos a balea franca que era a que pescaban os vascos na Edade Media, e que tamén pescamos os galegos e,e,e en Caión, en Malpica, na Coruña, en Prior e na Mariña de Lugo. Esta especie, a balea franca glacialis practicamente se extinguiu, hai moitas na Antártida e,e,e e os, con estos canóns as pezas principais que se cazaban eran: o rorcual común que chegaba a medir dezaoito, vinte metros, un rorcual é a balea azul, tamén, que chega aos trinta metros e, logo, fundamentalmente, o cachalote.
Entre os odontocetos, está o cachalote, están as candorcas, os caldeiróns, todos os tipos de golfiños e a marsopa, e tamén o cetáceo máis pequeno que hai no mundo que é a vaquita mexicana que é un animal mui pequeno de apenas pouco máis de un metro, e que está en vías de extinción, crese que quedan entre quince e vinte exemplares nada máis; tamén é un odontoceto, tamén ten dentes.
Sobre nós temos parte, mui pouca parte, dun esqueleto de unha balea que varou, aí, ao pé da Torre de Hércules en 1988; aquí temos o cráneo e parte da boca e aí unhos ósos, aí detrás unhos ósos. Esta especie que varou aquí era un rorcual común, destos que vimos aquí, que era a especie que máis se perseguía porque era a que máis carne daba. Este é o rorcual común o que equivalir, equivalente a esta cabeza que temos aquí sobre nós.
En Galicia pescáronse, cazáronse na Edade Media baleas francas, das que falamos antes, pero no século XX perseguían, fundamentalmente, rorcuais e cachalotes; os cachalotes pola graxa e o rorcual, sobre todo, pola carne, o rorcual era como o porco do mar, valía todo, e sobre todo hai un momento en que chegan os xaponeses e com/ mercan toda a carne que se produce nas factorías e,e,e baleeiras de Galicia que hai un momento que son tres: a de Móras en Lugo, a de Caneliñas en Cee e a de Punta Balea e,e,e dos Massó en Cangas. Eles mercaban toda a carne e,e,e do rorcual e,e,e que se cazaba, entón xa deixou de, de cazarse cachalote porque non era negocio. A min explicoume o directo da factoría de Caneliñas que a balea daquela tiña un precio moi grande sobre todo en carne, un metro de balea equivalía a un millón de pesetas, de maneira que si cazaban unha balea azul de trinta metros, ingresaban nun día, polo menos, trinta millós de pesetas; si cazaban un roncual, que máis ou menos son dazaoito metros, estaban ingresando dazaoito millós de pesetas. Hai un momento en que, a finales nos anos 70, finales do 60, 70, e logo hasta a moratoria, os principios dos 80 xa só se persiguen baleas azuis e, sobre todo, roncual común.
Estamos aquí neste recuncho do Aquarium Fisterra da Coruña, no recuncho dedicado ao mundo do cetáceo, estamos vendo aquí un omóplato de balea, unha vértebra, dúas costelas, pertecen todos ao roncual do que falábamos antes, e esto son as barbas dos misticetos. Aquí sécanse, péganse, e cando eles están vivos, esto é a encía, a cabeza e a barba ábrese e filtra porque a balea, non así o odontoceto que que caza, a balea aliméntase abrindo a boca, collendo o kril e, logo, filtrando a auga cara fóra, quedándose co alimento dentro da boca para que vaia para o estómago.
As barbas de balea foron, economicante tuveron moita trascendencia porque valían para un montón de cousas; con elas podíanse facer bastóns, facíanse os corsés da mulleres, facíanse as, as varillas dos paraugas, que aínda hoxe lle chamamos ballenas del paraguas, do paraugas, no? E,e,e foron, tuveron moita importancia, aproveitábanse moito porque eran unha economía xa dispersa para facer múltiples productos para o mercado. E,e,e vedes o tamaño dos ósos, e,e,e este é, correspondía a este rorcual que debía ter, pois, aproximadamente, dazoito metros.
Autor/a da transcrición: e~xenio