Ben, pois este sería o arco noroccidental da Península Ibérica donde realmente se situaría a Costa da Morte. Un talasonímico, un macrotalasonímico que non nace,e,e por ser invención inglesa sino que no ano 1904 a raíz de unhos naufraxios que se producen e,e,e na playa de Traba de Laxe i na Punta da Batedora, en Santa Mariña, tendo como cerna a Camelle, un xornal coruñés, estinto xa, que se chamaba Noroeste, publica na súa portada precisamente un subtítulo onde por primeira vez, mentras a historiografía non diga o contrario, aparece o nome de La Costa de la Muerte en castelán. Ese sería, ese sería a primeira proba documental que esiste sobre o nacemento do nome de Costa da Morte.
Tamén hai unha referencia que é unha pena que non esté datada porque temos constancia que hai poemas de Eduardo Pondal que falan da Costa da Morte, que incluso poderían ser anteriores. O problema que recolle esta obra do bardo está nunha cronoloxía que non está datada, polo tanto, non podemos saber si pode ser anterior ou posterior.
Polo tanto, repito, mentras a historiografía non diga o contrario, o nome de Costa de la Muerte nace neste xornal coruñés que se chama Noroeste na súa capa da edición do 14 de xaneiro do ano 1904.
Autor/a da transcrición: e~xenio