Si, bueno, somos unha costa seica perigosa, con fama de, cunha lenda negra encima pero creo que a lenda negra é a falta de infraestruturas para solventar que haxa naufraxios. No? É dicir, hai que recordar que cando a costa inglesa tiña cento e pico faros xa no século XVII ou XVIII ou mediados do século, incluso do XVI, empezaron a construír faros, aquí había soio un que era a Torre de Hércules. No? I o faro de, das Sisargas ou de, de Fisterra que é de 1853 pois xa, xa chegan tarde. No? Entonces si non había unha sinalización correcta pois tiña que haber naufraxios. Non era culpa da xente que atraía os barcos para saquealos, todo o contrario, a xente axudaba, como se ten demostrado, a salvar os náufragos incluso arriscando a súa propia vida. Non?
Houbo moitos naufraxios, hai algunhos mui, mui destacados, i algúns que temos na memoria como o Prestige ou Serpent, pero eu quero falar dos naufraxios máis sinxelos, perdón, máis humildes que pasaron á historia dunha maneira máis calada, é decir, cando cae un mariñeiro ao mar, ou cando (...) a min o que me preocupan son a morte dos mariñeiros i non os grandes naufraxios, as grandes lendas sinón a vida cotiá.
(...) Eu teño na mente un, un naufraxio dos anos 90 en Muxía, un día de temporal tremendo que un mariñeiro, o pai e mais fillo, un fillo que tiña dezaoito anos, me parece, salen ao mar porque tiñan as redes alí no medio, no medio da ría, i estaban en perigo. Baixaron ao mar e non regresan. Pa min eso (...) Chámase Polito, é o naufraxio que teño muitas veces na, na miña mente. No? Esos son os naufraxios que máis me interesan e non os grandes naufraxios que si podes facer moitas películas pero non, si, pero non, non son os que afectan á vida cotiá dos galegos.
Autor/a da transcrición: e~xenio