Tamén temos un arquivo oral, o APOI, o Arquivo do Patrimonio Oral i de Identidade, que empezou con, sendo un arquivo musical un fondo que nos trouxo Mini e Mero, que nos trouxeron Mini e Mero, un fondo de recollidas musicales que eles facían, i empezamos con, con eso xa hai uns anos, dez anos, creo recordar, pero logo foise ampliando con outros fondos i con outras miras. No? Entón, non solo ahora, non é solo musical, sinón é un arquivo que, da oralidade en xeral. I temos en este momento o fondo Henningsen que é un fondo que está depositado no Instituto da Lingua Galega pero está que se pode consultar de, desde aquí, o fondo Dorothé Schubart que é un dos fondos máis interesantes tamén pero temos cousas sobre a emigración, sobre a vida do mar en Moraña, perdón, en Moaña i cousas así. Entón, cal é o problema que ten, que temos nós? Bueno, a falta de recursos para poder dixitalizar todo, empezar de ter todo subido á rede. Estamos subindo dentro das nosas capacidades cousas todos os días, de vez en cando, estase subindo ese material, i a consultas aumentan continuamente porque, por exemplo, hai unha das can/, das pezas que canta a protagonista de O Corno pois é unha peza recollida, que está recollida aquí no Arquivo do Patrimonio Oral e de Identidade. Entón, ten unha certa visibilidade, entón a visibilidade, moita xente o coñece, moita xente da música vén aquí a buscar as pezas orixinais, i eu creo que o que necesitamos é medios para poder dixitalizar todo i ter persoal porque non é solo dixitalizar senon hai que facer unha ficha, hai que escoitar música, hai que facer as trancricións entón, nas redes, se pode escoitar a peza, se pode coller información sobre esa peza i se pode ler si é unha peza con letra pois se pode ver a letra, se pode ver a música, e todo iso leva un tempo i un traballo, i en este momento temos pouco persoal para facelo. No? Temos unha persoa que non está nin siquera a xornada completa i unha persoa voluntaria. Entón, o que necesitamos, i eu quero que conste (continuamente) son recursos para poder facer as cousas.
Autor/a da transcrición: e~xenio