O Museo do Pobo Galego é unha institución que xurse na sociedade civil hai cuarenta e cinco anos, nos consideramos herdeiros do museo, do Seminario de Estudios Galegos, que cumpriu este ano cen anos, i portanto somos un museo de sociedade, i a sociedade galega non é a misma hoxe que hai cen anos ou cuarenta e cinco anos, entón eu penso que o reto que ten o Museo do Pobo Galego é actualizar o seu discurso e ser útil á sociedade actual.
Eu creo que hai unha conciencia xenérica ou xeral de que a etnografía, os museos etnográficos son os museos ou a etnografía en si, tamén, é un pouco o que estuda os obxetos que quedaron fóra de uso. No? E eu non, non estou de acordo en absoluto con esa concepción, e polo tanto creo que a etnografía é unha ciencia do presente, do saber do, do presente da sociedade actual, i o museo tamén ten que mostrar a sociedá actual; claro que esa sociedá actual (Incomprensíbel) un evoluir do tempo i temos que ter en conta tamén o pasado. No? Pero eu creo que a sociedá actual, o museo ten que servir á sociedade actual, eu creo que ese é o gran reto que ten o Museo do Pobo Galego.
Cal é problema do Museo do Pobo Galego? Pois que é unha institución privada con moi poucos recursos, i sin recursos se poden facer mui poucas cousas. Entón, necesitamos un apoio determinante da sociedade para ter eses recursos, para que as administracións nos den un apoio máis (decidido) i non ser, non estar pedindo continuamente para facer unha cousa ou outra cousa. No? Eu creo que eso é tamén outro gran reto, digamos, o poder facer as cousas, o poder ter capacidade de desenvolver actividades no mundo actual.
Creo que unha das funcións dos museos é mostrar o que temos a sociedade para que a sociedade o faga del i o poda utilizar. No? O Museo do Pobo Galego ten miles de fondos, temos chegando aos dezaseis mil catalogados, temos aínda máis pezas sin catalogar. Eses fondos, intentamos accedelos, que a sociedade poda acceder a eles, i creo que unha forma de acceder é, poñelos, colgalos, digamos na rede, no? Na web. Temos unha parte, este ano colgamos unha parte dos fondos que temos procedentes do Seminario, do museo do Seminario de Estudios Galegos que son poucos, son douscentos e pico, i seguimos, pouco a pouco, subindo algunhas outras pezas. Pero, a idea é, dentro das nosas posibilidades, que todos os fondos catalogados estean accesible na rede. Xa están accesibles na rede, por exemplo, o fondo bibliográfico e parte do fondo documental, o que son os fondos materiais, obxetos, hai unha parte nada máis pero a nosa intención é que estos fondos nun plazo inmediato, pois depende das nosas posibilidades, pois poidan estar tamén accesibles ao público en xeral.
Autor/a da transcrición: e~xenio